La Danza del Viento - Sofia Monsalve

Publicado: 11 de maio de 2019, 20:30
  1. Cursos monográficos
La Danza del Viento - Sofia Monsalve

SOFIA MONSALVE

Fórmase como actriz desde a idade temperá de 4 anos, xunto coa compañía da súa familia o Teatro da Memoria dirixida polo mestre Juan Monsalve. Á idade de 17 anos inicia os seus estudos de Antropoloxía na Universidade de Ándelos de Bogotá e viaxa a Europa para iniciar un proceso de formación e traballo co Odin Teatret, dirixido por Eugenio Barba, estadio que durará 10 anos.

Desde o 2008, Iben Nagel Rasmussen (actriz fundadora do  Odin) asúmea como discípula e ingresa ao grupo internacional de investigación teatral “El Puente de los Vientos”, dirixido pola mesma Rasmussen. Dentro deste grupo, imparte talleres, actúa en espectáculos, e xestiona actividades comunitarias en todo o mundo. Neste mesmo ano consegue formar parte do elenco estable da compañía danesa actuando en 5 espectáculos.

TALLER BASEADO NAS ENSINANZAS DE EUGENIO BARBA E IBEN NAGEL RASMUSSEN (ODIN TEATRET)

Os principios do adestramento que se empregarán son os aprendidos co director Eugenio Barba e coa mestra Iben Nagel Rasmussen durante unha década de traballo no Odin Teatret. O adestramento consiste nunha estrutura colectiva de exercicios onde se desenvolven diferentes tipos e “calidades de enerxía”. A través destes o actor aprende, a relacionarse co espazo, o ritmo e cos seus compañeiros na escena, identificar os impulsos orgánicos do corpo e a organizalos en accións que teñen un inicio, un desenvolvemento e un final.

Nun segundo momento, recibiranse ferramentas técnicas para atopar diferentes calidades de enerxía dinámica para realizar as accións, e danzar coa intención, para logo comezar a explorar as posibles transformacións da acción seguindo os principios da antropoloxía teatral.

A música e o canto serán elementos presentes durante todo o traballo. Os participantes deberán, na medida do posible, contribuír con músicas e cancións.

EXERCICIOS:

A danza do Vento: unha danza grupal que desenvolve a transformación do peso en enerxía, para atopar un fluxo de accións en constante interacción co espazo, o ritmo e os compañeiros.

As acción vocal e as raíces da voz: adestramento vocal con base aos resonadores do corpo, o canto como vibración e extensión das posibilidades expresivas da voz.

Koshi: camiñada con resistencia, base das técnicas de actuación xaponesas, desenvolve a contención da enerxía nunha constante oposición entre vectores opostos para atopar unha presenza desde a non acción.

Partitura de accións físicas: elaboración de secuencias de accións físicas para traballar os principios da antropoloxía teatral, como as variacións do tamaño, as oposicións, a dirección no espazo e a variación do ritmo.

  • Público destinatario: Artistas escénicos de teatro, danza, artes vivas performance e música) con ou sen experiencia que queiran traballar sobre a súa presenza escénica.
  • Necesidades: roupa de traballo cómoda e faixa de tela de 2m.
  • Datas:

                o   14 de Xuño de 2019 de 17:00h a 19:00h.

                o   15 de Xuño de 2019 de 10:00h a 14:00h.

                o   16 de Xuño de 2019 de 10:00h a 14:00h.

Noticias relacionadas

PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL

PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL

Ao referirnos a´ palabra “pai´s” e´ posible que na cabeza de cada persoa comecen a operar sinapses que dean lugar a´ aparicio´n consciente ou inconsciente dun conxunto de termos asociados: nacemento, orixe, patria, nacio´n, fogar, identidade... Tame´n e´ moi probable que na sociedade li´quida
TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO

TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO

Conversacións con Orlando. Dramaturxia e identidades nómadas.   En 1928 Virginia Woolf publica Orlando coma un agasallo a súa amiga e amante Vita Sacksville. Orlando é a viaxe a través dos siglos dunha personaxe que nace home e deviene muller. Unha lúcida reflexión sobre as identidades que
O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS

O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS

«Seminario de actuación. O xogo motor da creación» con Suttotos   É un taller deseñado para que todas aquelas persoas interesadas no teatro descubran, a través do xogo, a súa poética propia e as súas capacidades expresivas. Traballarase con exercicios específicos para o  desenvolvemento
CLOWN CON MARCELO KATZ

CLOWN CON MARCELO KATZ

MONOGRÁFICO INTENSIVO DE CLOWN CON MARCELO KATZ (ARXENTINA) UN PÉNDULO: IDA E VOLTA DO XOGO E A EMOCIÓN O clown é o arte do pracer e da parvada. É unha experiencia teatral apaixonante coa que recuperamos o pracer de xogar e a capacidade de expresarnos espontaneamente, libres de tabús e