O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS

Publicado: 25 de setembro de 2023, 13:55
  1. Cursos monográficos
O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS

Un taller deseñado para que todas aquelas persoas interesadas no teatro descubran, a través da actuación e da escritura, a súa propia poética.
Un espazo que incentiva a creatividade e outorga as ferramentas necesarias, dende o vocal, o xestual e o expresivo para que xs alumnxs desenvolvan as súas actitudes actorais.


Un achegamento á creación dramática dende o xogo, co fin de atopar no lúdico o desenvolvemento dunha linguaxe propia. Proporase pensar os textos coma elementos plásticos que funcionen como habilitantes de corpos poéticos, evitando que os mesmos se presenten coma estruturas fixas. Buscarase cambiar esa percepción estática das palabras para entendelas coma materias dinámicas e en constante movemento. 

Traballarase co obxectivo de que xs participantes descubran as súas poéticas e constrúan o seu propio material, mediante exercicios específicos para o desenvolvemento estético, rítmico, xestual, vocal e narrativo.
Un  achegamento ao xogo teatral para atopar no lúdico o desenvolvemento dunha linguaxe propia.

 

Material necesario:

caderno, bolígrafo e roupa cómoda. 

 

DATAS:

Taller de 10 horas:

  • Xoves 26 de outubro de 2023 de 19:00 a 22:00
  • Venres 27 de outubro de 2023 de19:00 a 22:00
  • Sábado 28 de outubro de 2023 de 10:00 a 14:00

 

Noticias relacionadas

TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE 25 Set

TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE

TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE impartido por Carolina Calema A proposta é somerxernos no universo da Commedia dell’arte que é unha experiencia agradecida e potente. A Commedia dell’arte é o teatro en si, é o fenómeno onde as mulleres comezamos a traballar (ata onde se sabe, foi entón cando se nos
PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL 30 Dec

PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL

Ao referirnos a´ palabra “pai´s” e´ posible que na cabeza de cada persoa comecen a operar sinapses que dean lugar a´ aparicio´n consciente ou inconsciente dun conxunto de termos asociados: nacemento, orixe, patria, nacio´n, fogar, identidade... Tame´n e´ moi probable que na sociedade li´quida
TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO 7 Nov

TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO

Conversacións con Orlando. Dramaturxia e identidades nómadas.   En 1928 Virginia Woolf publica Orlando coma un agasallo a súa amiga e amante Vita Sacksville. Orlando é a viaxe a través dos siglos dunha personaxe que nace home e deviene muller. Unha lúcida reflexión sobre as identidades que
O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS 27 Set

O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS

«Seminario de actuación. O xogo motor da creación» con Suttotos   É un taller deseñado para que todas aquelas persoas interesadas no teatro descubran, a través do xogo, a súa poética propia e as súas capacidades expresivas. Traballarase con exercicios específicos para o  desenvolvemento