Unha sala de teatro en Vigo diferente

Que é Ártika?

A Sala Ártika é un espazo que nace no ano 2014 na cidade de Vigo polo amor ás artes escénicas cuxo principal obxectivo é o de achegar o teatro a todos os habitantes tanto de Vigo como de Galicia. Ao longo destes 6 anos de traballo continuado, a Sala Ártika, é considerada como un punto de referencia cultural en todos os ámbitos territoriais: local, autonómico e nacional.

Á hora de establecer os nosos obxectivos como empresa cultural, partimos dunha idea máis grande, que é ser un proxecto integral onde se traballe todos os aspectos vinculados ás artes escénicas como poden ser: a exhibición de espectáculos, a creación escénica de todo tipo de propostas, a formación de futuros profesionais e espectadores, a produción de espectáculos de compañías de ámbito nacional e internacional ou a educación en valores a través de nosa ampla campaña escolar.

Que queremos conseguir?

Podemos definir a nosa misión como espazo escénico en:

  • Ofertar unha programación variada e de calidade de artes escénicas
  • Xerar un público crítico e activo vinculado ás diferentes disciplinas das artes escénicas.
  • Ofrecer unha formación diferenciada co fin de crear público e futuros profesionais.
  • Facer de Vigo unha cidade referente nas artes escénicas.
  • Impulsar o noso sector como alternativa a outro tipo de lecer.
  • Fomentar a creación e mantemento de emprego directa e indirectamente vinculado ao sector.
  • Apoiar a transformación de ideas en produtos escénicos da máxima calidade posible.

A maior programación de artes escénicas de toda Galicia

Na actualidade contamos coa maior programación de artes escénicas de toda Galicia. Isto tradúcese nunha oferta moi diferenciada con respecto a outros espazos pois nos caracterizamos por ofrecer unha ampla variedade xéneros para diferentes públicos.

Na nosa carteleira de espectáculos podes atopar tanto compañías galegas como outras comunidades autónomas e internacionais.

Escola de interpretación en Vigo

A Sala Ártika tamén funciona como escola de interpretación. Nela podes atopar unha ampla oferta de formación en artes escénicas no que se imparten cursos de teatro para diferentes idades, danza, ou acrobacia en telas.

Outro ámbito de actuación do noso proxecto é o referente as residencias artísticas. Esta pretende ofrecer as compañías un espazo profesional onde producir, ensaiar e facer a implantación técnica dos seus espectáculos, coas mellores condicións, tanto técnicas como humanas, ofrecendo tamén a posibilidade de estrear no noso espazo, cun mínimo de tres datas.

Coñece o equipo de Ártika

Icono mujer

Fernanda Barrio

  • Cargo: Co- directora da Sala Ártika
  • Contacto: fernanda@artikavigo.com
Icono hombre

Marcos Alonso

  • Cargo: Co-director da Sala Ártika
  • Contacto: marcos@artikavigo.com
Icono hombre

Javier Quintana

  • Cargo: Responsable Técnico
  • Contacto: javier.quintana@artikavigo.com
Icono hombre

Anxo Fernández

  • Cargo: Administración e Produción
  • Contacto: anxo.fernandez@artikavigo.com
Icono mujer

Rocío Salgado

  • Cargo: Distribución e administración
  • Contacto: rocio.salgado@artikavigo.com
Icono hombre

Martín Martínez

  • Cargo: Comunicación e prensa
  • Contacto: martin.martinez@artikavigo.com

Redescubre o teatro na Sala Ártika

Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!