Cursos e campaña escolar de Ártika (Febreiro/2019)

Na Sala Ártika en Vigo contamos cunha gran variedade de cursos e programacións para colexios cos cales achegarse ó mundo das artes escénicas: talleres de teatro, clases de danza aérea... Dispoñibles para todas as idades, tanto para nenos coma para adultos.

Animar lo inanimado - Manipulación de Títeres 22 Feb

Animar lo inanimado - Manipulación de Títeres

22/02/2019 Cursos monográficos

Novo taller de títeres na Sala Ártika coodinados por Julia Sigliano e Manu Mansilla Este taller está dirixido a todas as persoas que estean interesados en descubrir e aprender os puntos básicos da animación e interpretación con monicreques. Monicreque significa “obxecto posto en situación dramática”. Calquera obxecto pode ser un monicreque, todo depende de como se accione sobre el. O obxectivo deste taller é entrar no mundo do monicreque coñecendo a súa linguaxe e os principios básicos para a ...

Ler máis

Entrenamiento corporal - Nicolás Yanco 22 Feb

Entrenamiento corporal - Nicolás Yanco

22/02/2019 Cursos monográficos

Desenvolvemos o movemento desde a articulación, a fluidez, a flexibilidade, a potencia e a expresividade, facendo foco na pelvis, o embigo, a columna, a cabeza e a mirada, utilizando partes como guías e contrapuntos (forzas complementarias e opostas), e impulsos, con exercicios de diferentes danzas contemporáneas, teatro físico e técnicas do movemento. Traballamos o movemento nos seus diferentes planos espaciais, así como tamén o percorrido transitivo que realiza o corpo, articulado e curvo; se...

Ler máis

¿Quieres bailar butoh? - Intensive Butoh 22 Feb

¿Quieres bailar butoh? - Intensive Butoh

22/02/2019 Cursos monográficos

Novo curso monográfico impartido por Rosana Barra sobre danza butoh. Despois de máis de 20 anos dedicados ao Butoh, impartindo clases, creando festivais e espectáculos, traballando diariamente con centenares de corpos, mentes e emocións, sentín a necesidade de ofrecer unha formación oficial de danza Butoh. Está indicada para tod@s @s que queiran danzar desde a súa alma, desde o seu espírito. Bailaríns ou NON, novos, persoas maduras ou anciás, aquí teñen a plataforma de despegamento para bailar...

Ler máis