Animar lo inanimado - Manipulación de Títeres

Publicado: 22 de febreiro de 2019, 13:14
  1. Cursos monográficos
Animar lo inanimado - Manipulación de Títeres

Novo taller de títeres na Sala Ártika coodinados por Julia Sigliano e Manu Mansilla

Este taller está dirixido a todas as persoas que estean interesados en descubrir e aprender os puntos básicos da animación e interpretación con monicreques. Monicreque significa “obxecto posto en situación dramática”. Calquera obxecto pode ser un monicreque, todo depende de como se accione sobre el.

O obxectivo deste taller é entrar no mundo do monicreque coñecendo a súa linguaxe e os principios básicos para a interpretación: mirada e respiración, disociación, relación monicreque- titiriteiro, creación do personaxe e a voz en función do monicreque.

Como punto de partida aprenderemos a “escoitar o material” e utilizaremos o xogo como instrumento para poñer en acción o corpo e a mente, conectarse cun mesmo para explorar e experimentar en zonas inimaxinables.
Tendo sempre en conta a importancia da vivencia persoal e grupal, corpo e mente en acción constante.

Os encontros terán unha primeira parte onde se traballase co corpo e a voz, despregando a imaxinación e abrindo o xogo. E unha segunda parte onde avanzaremos sobre a técnica de manipulación e profundaremos sobre esta linguaxe.

  • CONTIDOS DO TALLER
    • O corpo e a voz
      • Desestruturación
      • Liberación expresiva da voz
      • A voz a través do monicreque
      • Adestramento do corpo de acordo á técnica
      • Disociación
    • O monicreque
      • Mirada, respiración, impulso, animación, acción/reacción
      • Investigación da linguaxe, metáforas, códigos de cada técnica
      • Creación de Personaxes
    • O titiriteiro e o monicreque
      • Posibilidades da relación monicreque – titiriteiro
      • Escucha do material- Encontro e contacto
      • Montaxe de situacións escénicas, improvisación disociación
    • Construción: Achegamento aos métodos de construción plástica dos monicreques con materiais simples como papel, e materiais varias
    • Técnicas
      • O propio corpo como monicreque
      • Manipulación directa
      • Monicreque de boca
      • Obxectos

OS PARTICIPANTES DEBEN ASISTIR CON ROUPA COMODA DE TRABALLO FISICO.

  • Público destinatario: xóvenes e adultos con e sen experiencia
  • Datas
    • 10 de Maio de 2019 de 16:00h a 20:00h
    • 11 de Maio de 2019 de 10:00h a 14:00h
    • 12 de Maio de 2019 de 10:00h a 14:00h

Noticias relacionadas

O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS 25 Set

O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS

Un taller deseñado para que todas aquelas persoas interesadas no teatro descubran, a través da actuación e da escritura, a súa propia poética.Un espazo que incentiva a creatividade e outorga as ferramentas necesarias, dende o vocal, o xestual e o expresivo para que xs alumnxs desenvolvan as súas
TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE 25 Set

TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE

TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE impartido por Carolina Calema A proposta é somerxernos no universo da Commedia dell’arte que é unha experiencia agradecida e potente. A Commedia dell’arte é o teatro en si, é o fenómeno onde as mulleres comezamos a traballar (ata onde se sabe, foi entón cando se nos
PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL 30 Dec

PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL

Ao referirnos a´ palabra “pai´s” e´ posible que na cabeza de cada persoa comecen a operar sinapses que dean lugar a´ aparicio´n consciente ou inconsciente dun conxunto de termos asociados: nacemento, orixe, patria, nacio´n, fogar, identidade... Tame´n e´ moi probable que na sociedade li´quida
TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO 7 Nov

TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO

Conversacións con Orlando. Dramaturxia e identidades nómadas.   En 1928 Virginia Woolf publica Orlando coma un agasallo a súa amiga e amante Vita Sacksville. Orlando é a viaxe a través dos siglos dunha personaxe que nace home e deviene muller. Unha lúcida reflexión sobre as identidades que