Clube de lectura teatral e laboratorio de escrita “Revoluçoes”

Publicado: 24 de xaneiro de 2024, 10:47
  1. Cursos monográficos
Clube de lectura teatral e laboratorio de escrita “Revoluçoes”

CLUBE DE LECTURA TEATRAL – LABORATORIO DE ESCRITA “REVOLUÇÕES”

Clube de Lectura Teatral

Coa intención de construír espazos desde os que achegarnos un pouco máis á dramaturxia contemporánea, a Sala Artika incorpórase ao proxecto Laboratorio de escrita sobre teatro “Revoluções” coordenado polo dramaturgo Ricardo Correia, a dramaturga Vanesa Sotelo e a antropóloga Sónia Ferreira. O clube de lectura teatral é un espazo de lectura e práctica escénica onde as persoas participantes poden descubrir novas pezas de recente creación, dialogar coas súas creadoras e participar nun obradoiro de creación para a súa presentación pública.

 

Destinado a: profesionais e non profesionais.

 

Que é o Laboratorio de escrita Revoluções?

A segunda edición do Laboratorio de Escrita para Teatro - Dramaturgias Políticas Contemporáneas reuniu em 2023 unha selección de seis dramaturgas/os co obxectivo de escribir pezas breves a partir do tema “Revoluções” anticipando as celebracións dos 50 anos do 25 de abril. As participantes: Bárbara Soares (Portugal), Iria Pinheiro (Galicia), Inês Mendes (Portugal), Filipe Santos (Portugal), Martin Santos (Portugal), Célia Meguelatti (Francia) convocaron diferentes revolucións para tratar o tema. Para dar a coñecer o resultado do traballo, a Sala Ártika acollerá a presentación do libro no que se recollen as seis pezas e a lectura dramatizada de dúas delas: Vitória, de Iria Pinheiro e A Grande Cerimónia, de Bárbara Soares.  

 

Obxectivos do clube de lectura teatral

 

  • Divulgar a dramaturxia contemporánea de recente creación.
  • Fortalecer as redes de contacto e intercambio entre Galicia e Portugal.
  • Crear un espazo para o diálogo e o debate sobre cuestión de actualidade.
  • Ofrecer a posibilidade de participar nun proceso de creación.
  • Familiarizar o público xeral co proceso da creación escénica.
  • Ofrecer ferramentas interpretativas.  

Estrutura do clube de lectura:

  • Xoves 8 de febreiro (18.00 a 20.00): Presentación e contacto de grupo.
  • Venres 9 de febreiro (18.00 a 20.00): Ensaio da lectura.
  • Xoves 15 de febreiro (18.00 a 20.00): Ensaio da lectura (necesidades técnicas).
  • Venres 23 de febreiro (19.00 a 21.30): Ensaio e presentación pública.

 

Estrutura do acto da presentación pública:

  • Presentación do libro coa intervención de Ricardo Correia.
  • Presentación da lectura e das autoras (Iria Pinheiro e Bárbara Soares) por parte de Vanesa Sotelo.
  • Lectura.
  • Coloquio e convivencia.

Destinado a: persoas interesadas na creación escénica.

Coordina: Vanesa Sotelo.

 

Inscribete a través do noso correo: escola@artikavigo.com 

 

Prezo: de balde

 

Inscricións abertas até o 5 de febreiro.

Noticias relacionadas

O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS 25 Set

O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS

Un taller deseñado para que todas aquelas persoas interesadas no teatro descubran, a través da actuación e da escritura, a súa propia poética.Un espazo que incentiva a creatividade e outorga as ferramentas necesarias, dende o vocal, o xestual e o expresivo para que xs alumnxs desenvolvan as súas
TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE 25 Set

TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE

TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE impartido por Carolina Calema A proposta é somerxernos no universo da Commedia dell’arte que é unha experiencia agradecida e potente. A Commedia dell’arte é o teatro en si, é o fenómeno onde as mulleres comezamos a traballar (ata onde se sabe, foi entón cando se nos
PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL 30 Dec

PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL

Ao referirnos a´ palabra “pai´s” e´ posible que na cabeza de cada persoa comecen a operar sinapses que dean lugar a´ aparicio´n consciente ou inconsciente dun conxunto de termos asociados: nacemento, orixe, patria, nacio´n, fogar, identidade... Tame´n e´ moi probable que na sociedade li´quida
TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO 7 Nov

TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO

Conversacións con Orlando. Dramaturxia e identidades nómadas.   En 1928 Virginia Woolf publica Orlando coma un agasallo a súa amiga e amante Vita Sacksville. Orlando é a viaxe a través dos siglos dunha personaxe que nace home e deviene muller. Unha lúcida reflexión sobre as identidades que
Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo