TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE

Publicado: 25 de setembro de 2023, 13:36
  1. Cursos monográficos
TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE

TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE impartido por Carolina Calema

A proposta é somerxernos no universo da Commedia dell’arte que é unha experiencia agradecida e potente. A Commedia dell’arte é o teatro en si, é o fenómeno onde as mulleres comezamos a traballar (ata onde se sabe, foi entón cando se nos permitiu entrar na escena. Antes, os nosos roles desempeñábanos os homes), onde se comezou a falar  de profesionalidade, un fenómeno que contaba con comediantes cun gran coñecemento que a medida que o tempo pasaba só medraba. Sabían de esgrima, verso, baile, poesía, comedia, drama…

As clases serán prácticas na súa maioría, aínda que a teoría terá un espazo pertinente para contextualizar aos personaxes e demais cuestións necesarias. 

Á conclusión do laboratorio, si o grupo está de acordo, faremos unha clase aberta para que o público coñeza que tránsito fixemos con e dende a Commedia dell’arte.

OBXECTIVOS:

  • Análise e práctica de textos da gran tradición italiana.
  • Estudio e coñecemento das máscara
  • Estudio de gravados e iconografías teatrais
  • Estudio dos “canovacci”
  • Estudio dos documentos (entregando ao alumno un coñecemento teórico da Commedia dell’arte, estudiando o medio histórico social dentro do cal desenvólvese)
  • A liberación da capacidade expresiva da voz e do corpo
  • Da imaxinación creativa e da mente
  • O dominio do espazo
  • O auto coñecemento

CAROLINA CALEMA, comeza a súa formación en Arxentina no Instituto Vocacional da Arte aos oito anos de idade. Máis tarde frecuenta o Instituto Universitario Nacional de Arte de Bos Aires (I.U.N.A.). Paralelamente aos seus estudos oficiais, presta particular atención á investigación e ao adestramento do corpo, así como ao estudo do clown e da formación en dramaturxia e dirección. Desenvolve a técnica de mimo na Escola Arxentina de Mimo a cargo do gran mestre Ángel Elizondo, especializado xunto a Etienne e Maximilien Decroux e Lecoq; e con outros grandes mestres como Julio Chávez, Julia Calvo e Carlos March, etc. Continúa os seus estudos en Commedia dell’arte nas escolas máis importantes de Italia. 

 

Entre os seus traballos como actriz cabe destacar: Match de Improvisación, espectáculos a pura base de improvisación en Arxentina e Europa. No 2008 funda Impromatch, a súa propia compañía de improvisación en Madrid. Como actriz participou, por exemplo, en “Orquesta de señoritas” de Jean Anouilh, “A lección” de Ionesco, “A dama Boba” de Lope de Vega, “Historia dunha Escaleira” de Buero Vallejo, “Flechas del ángel del olvido” de José Sanchis Sinisterra, “Conquistadoras” de Susana Hornos, “La Celestina” coa que sigue traballando tanto a nivel nacional como internacional participando en festivais de gran prestixio e recibindo distincións e premios polo traballo. 

Estrea no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro “Historia dos estados e imperios da lúa” dirixida por Sergio Artero que tamén firma a adaptación. 

En el 2019 estrea nas Jornadas del Siglo de Oro de Almería, como actriz e produtora, “Querella de Lope y las mujeres” de Yolanda Pallín con dirección de Ernesto Arias. 

Dende a súa compañía CALEMA PRODUCCIONES traballa poñendo énfase na investigación e fusión das diferentes disciplinas valorando fortemente a busca de novas linguaxes: xa sexa dende a escritura, dende a dirección ou ben dende a interpretación.

 

MATERIAIS NECESARIOS:

  • Roupa cómoda
  • Dous textos aprendidos que serán entregados pola docente días antes do inicio do curso.
  • Entrega do Currículo do alumno ou alumna xunto coa inscrición no curso.

DATAS

  • Xoves 23 de novembro de 2023 de 19:00 a 22:00
  • Venres 24 de novembro de 2023 de 19:00 a 22:00
  • Sábado 25 de novembro de 2023 de 10:00 a 14:00

Noticias relacionadas

O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS 25 Set

O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS

Un taller deseñado para que todas aquelas persoas interesadas no teatro descubran, a través da actuación e da escritura, a súa propia poética.Un espazo que incentiva a creatividade e outorga as ferramentas necesarias, dende o vocal, o xestual e o expresivo para que xs alumnxs desenvolvan as súas
PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL 30 Dec

PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL

Ao referirnos a´ palabra “pai´s” e´ posible que na cabeza de cada persoa comecen a operar sinapses que dean lugar a´ aparicio´n consciente ou inconsciente dun conxunto de termos asociados: nacemento, orixe, patria, nacio´n, fogar, identidade... Tame´n e´ moi probable que na sociedade li´quida
TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO 7 Nov

TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO

Conversacións con Orlando. Dramaturxia e identidades nómadas.   En 1928 Virginia Woolf publica Orlando coma un agasallo a súa amiga e amante Vita Sacksville. Orlando é a viaxe a través dos siglos dunha personaxe que nace home e deviene muller. Unha lúcida reflexión sobre as identidades que
O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS 27 Set

O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS

«Seminario de actuación. O xogo motor da creación» con Suttotos   É un taller deseñado para que todas aquelas persoas interesadas no teatro descubran, a través do xogo, a súa poética propia e as súas capacidades expresivas. Traballarase con exercicios específicos para o  desenvolvemento