ACHEGAMENTO Á ESCRITA DRAMÁTICA - ERNESTO IS

Publicado: 21 de setembro de 2021, 09:10
  1. Cursos monográficos
ACHEGAMENTO Á ESCRITA DRAMÁTICA - ERNESTO IS

ACHEGAMENTO Á ESCRITA DRAMÁTICA

 

A dramaturxia é a arte da reprodución e representación da acción en escena. A través do texto (palabras e movementos) deseñamos mundos e xeramos situacións coas diversas ferramentas da escrita dramática: personaxes, tempos e espazos, conflitos, estruturas, temáticas e obxectivos.


Este obradoiro ofértase a todas aquelas persoas interesadas no teatro –profesionais ou non– e, máis concretamente, na escrita dramática. Desde un plantexamento eminentemente práctico, coñeceremos e traballaremos na aula con todos os elementos necesarios para a elaboración dunha composición dramática.


O obxectivo principal deste curso é desenvolver e potenciar as habilidades creativas das participantes, dotándolles de todas as ferramentas necesarias para o entendemento e comprensión da dramaturxia e orientándolles na creación das súas propias escenas.

 

CONTIDOS
A metodoloxía das aulas combinará breves explicacións teóricas coa lectura e análise de textos dramáticos, así como exercicios prácticos de escrita e composición que permitan afianzar os contidos e desenvolver o estilo das participantes.

CONTIDO DO CURSO

A DRAMATURXIA: ARTE E OFICIO

  • Definición do termo.
  • A escrita dramática fronte á épica e á lírica.
  • Funcións na dramaturxia: dramaturga/o e dramaturxista.
  • Mímese / Diéxese.

ESCRIBIR TEATRO: AS FERRAMENTAS DO DRAMA

  • Trama de accións.
  • O personaxe dramático.
  • Tempo e espazo.
  • Estrutura (interna e externa).
  • Oralidade escénica: monólogo, soliloquio, diálogo.
  • Didascalias e acotacións.
  • Xéneros dramáticos

DESEÑAR HISTORIAS

  • O que e o como: punctum.
  • Escrita e presentación de escenas.
  • Análise e comentarios.

 

OBXECTIVOS

  • DEFINIR e TRABALLAR o concepto dramaturxia.
  • COÑECER as ferramentas do drama.
  • EXPERIMENTAR coa escrita.
  • ATOPAR e DEFINIR o que e o como das historias.
  • CREAR mundos de ficción.
  • ESCRIBIR escenas breves.

TEXTOS QUE SE TRABALLARÁN NA AULA (fragmentos aportados polo docente)

  • Memoria do incendio, Vanesa Sotelo. DIFUSORA, 2012.
  • Despois das ondas, Ernesto Is. DEPUTACIÓN DA CORUÑA, 2018.
  • Lonxe (Far Away), Caryl Churchill. GALAXIA, 2010.
  • El jardín quemado, Juan Mayorga. LA UÑA ROTA, 2014.

[ Antes do inicio do curso é recomendable, mais non obrigatorio, ler a peza Litoral, de Wajdi Mouawad (KRK Ediciones, 2010) ]

PARTICIPANTES

  • Persoas vencelladas ás artes escénicas –con e sen experiencia– ou apaixonadas da escrita e da creación de historias.
  • Mínimo 6 e máximo 12 alumnas/os. Posibilidade de facelo online.
  • As alumnas/os traerán material para a escrita (caderno, follas ou ordenador portátil) ao curso.

DURACIÓN

Intensivo de 2 días:

  • Sábado 23 de abril de 2022 de 10:00-14:30h e de 16:30h-19:30H
  • Domingo 24 de abril de 2022  de 10:00-14:30h

 

BIO

Titulado superior en dramaturxia pola ESAD de Galicia, anteriormente fórmase no eido da realización e da produción audiovisual. Completa a súa formación con diversos obradoiros impartidos por Alfredo Sanzol, Paula Carballeira, Antonio Rojano, Sergio Blanco ou Bárbara Colio, entre outros profesionais da escena e da escrita dramática.
Ademais da súa faceta de dramaturgo, traballa como narrador oral e profesor de teatro e escrita. É membro do consello de redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro e un dos coordinadores do sitio web www.erreguete.gal. Colabora habitualmente coa Revista Grial (Editorial Galaxia) e con A Movida de Vigo.


No ano 2016 gaña (ex aequo) o Premio Abrente da MIT de Ribadavia coa obra Fendas. En 2017 obtén o Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña con Despois das ondas, monólogo dramático sobre a vida da actriz franco-galega María Casares que foi levado á escena pola compañía ButacaZero o pasado 2019; montaxe pola que foi candidato a mellor texto orixinal nos XXIV Premios María Casares. Volve gañar o Premio Abrente, na edición do ano 2021, coa peza Profetas.

Participou no VI Programa de ‘Dramaturgias Actuales’ do INAEM (2017), dando como resultado o texto El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas. No 2018, forma parte do grupo de traballo para a escrita teatral ‘DramaturXa’ do Centro Dramático Galego, no que desenvolve a peza Onde veñen morrer as baleas baixo a coordinación de Manuel Lourenzo. En 2020, os teatros Arriaga (Bilbao), Victoria Eugenia (Donostia) e Principal (Vitoria) seleccionaron o seu proxecto Canciones amarillas para flores tristes no programa Antzerkigintza Berriak de novas dramaturxias. En 2021, escribe a peza de teatro documental Relato para un incendio ao abeiro da primeira bolsa de dramaturxia e creación do sector teatral, impulsada pola Agadic a través do Centro Dramático Galego.
Membro e fundador de Feira do Leste (Exilio das Moscas e Tras Tannhäuser —axudas á Creación Joven do INJUVE—), ten escrito textos tamén para as compañías Señora Supina (Hotel Europa) e Inversa Teatro (O Péndulo).

 

BIBLIOGRAFÍA ESCOLLIDA
2022 O Péndulo (coescrito xunto a Marta Pérez) Edicións Positivas, Compostela – ISBN 978-84-124258-3-3
2022 Hotel Europa Edicións Positivas, Compostela – ISBN 978-84-124258-5-7
2019 Onde veñen morrer as baleas (no libro DramaturXA) Edicións Positivas e AGADIC, Compostela – ISBN 13-978-84-453-5328-8
2018 Despois das Ondas Deputación Provincial da Coruña, A Coruña – ISBN 978-84-9812-326-5
2018 Tras Tannhäuser (na colección Dramaturxia Galega Actual Vol. 1) Edicións Á Feira, Vigo – ISBN 978-84-09-00858-2
2018 Fendas Difusora de Letras Artes e Ideas, Ourense – ISBN 978-84-92958-45-0
2017 El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas Edición online en Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos

Noticias relacionadas

Taller de construción de marionetas portuguesas com materiais reciclados. 27 Ago

Taller de construción de marionetas portuguesas com materiais reciclados.

Este taller pretende achegar aos participantes á creación de marionetas portuguesas con cortiza e materiais reciclados. Utilizando cortizas, anacos de teas, las e outros obxectos crearemos personaxes.Cada participante levarase a súa marioneta construída no taller. Ven e goza un rato en familia
TALLER DE TÉCNICAS INICIALES DE CARACTERIZACION FX PARA TEATRO 27 Ago

TALLER DE TÉCNICAS INICIALES DE CARACTERIZACION FX PARA TEATRO

TALLER DE TÉCNICAS INICIALES DE CARACTERIZACION FX PARA TEATRO CONTIDO:- Toma de molde de nariz en alginato.- Creación do positivo do nariz en escaiola. - Modelado do nariz false e creación do seu molde e próteses en látex.- Colocación de próteses e maquillado. - Feridas e deformacións con carne e
TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE impartido por Carolina Calema 27 Ago

TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE impartido por Carolina Calema

TALLER DE COMMEDIA DELL’ ARTE impartido por Carolina Calema A proposta é somerxernos no universo da Commedia dell’arte que é unha experiencia agradecida e potente. A Commedia dell’arte é o teatro en si, é o fenómeno onde as mulleres comezamos a traballar (ata onde se sabe, foi entón cando se nos
Obradoiro de escrita teatral con Santi Cortegoso 27 Ago

Obradoiro de escrita teatral con Santi Cortegoso

OBRADOIRO DE ESCRITA TEATRAL “VOMITAR E ESTRUTURAR”   PROPOSTA Observo o mundo que me rodea. O caos. Analizo os comportamentos. O ser humano. As construcións sociais. Teño a miña visión. Son unha perspectiva entre millóns. Da ocorrencia paso á idea. Estruturo a información. Busco un relato.
Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo