CLOWN CON MARCELO KATZ

Publicado: 07 de setembro de 2022, 14:01
  1. Cursos monográficos
CLOWN CON MARCELO KATZ

MONOGRÁFICO INTENSIVO DE CLOWN CON MARCELO KATZ (ARXENTINA)

UN PÉNDULO: IDA E VOLTA DO XOGO E A EMOCIÓN

O clown é o arte do pracer e da parvada. É unha experiencia teatral apaixonante coa que recuperamos o pracer de xogar e a capacidade de expresarnos espontaneamente, libres de tabús e prexuízos.

O clown fai rir coa súa mirada sobre o mundo e os seus intentos de posarse por riba dos seus fracasos. A técnica do clown é profunda, aloucada e inesperada. 

Descubrir o noso clown é un deleite que nos permite transitar o pracer de xogar, convertelo en  forza escénica e compartilo co público. 

Confundido habitualmente co pallaso, traballa sobre arquetipos do ridículo universal (por exemplo, tropezón) mentres que o clown traballa e compón a partir dos seus propios temores, soños e obsesións.

O traballo do clown é un excelente adestramento para os artistas de todas as disciplinas e para calquera persoa, aínda que non teña experiencia nas artes escénicas. Este adestramento permite superar o medo ao ridículo e a exposición, e poder recuperar a capacidade de xogar. Tolerar o medo ao baleiro e aprender a atopar no inesperado e no accidente, o mellor material de traballo. Deixar de impoñer “o que o actor quere que lle pase” na escena, e aceptar “o que lle pasa”. Aprender a tolerar as propias faltas, e poder xogar con elas. O clown divírtese co que lle pasa no escenario, e lle regala iso ao público.

Os principais obxectivos son, entón:

- Gozar do pracer do xogo.

- Converter ese xogo en material escénico.

- Aprender a tolerar o baleiro e a “non-organización previa da escena”. Aprender a “soltar” o material que non prospera, e a “pescar” na escena o material interesante.

- Atopar no corpo, e non no intelecto, o material de traballo para poder xogar e gozar.

- Comezar a aceptarse tal cal un é. Aproveitar a propia personalidade, incluso cos elementos que consideramos “negativos”, para poder divertirnos e xogar.        

PARTICIPANTES

Poden convivir no curso alumnos con e sen experiencia. Non existe ningún impedimento físico nin de experiencia previa para a realización do curso. 

A idade mínima para a realización do monográfico é de 18 anos.

 

DURACIÓN

Intensivo de 2 días:

Sábado 01 e domingo 02 de Outubro de 2022 de 10:00-14:00h e de 

15:00h-18:00H

 

BIO

Marcelo Katz transita o xénero clownesco dende o ano 1986, como intérprete, director e mestre Ten unha ampla formación en teatro, danza, clown, máscaras, música e circo. Integrou a compañía de danza contemporánea de Teresa Duggan. Foi actor do elenco estable do Teatro Municipal San Martín de Bos Aires, entre os anos 1987 e 1992. No ano 1993 crea “La Trup”, primeira compañía de novo circo de Arxentina. Compañía que dirixe ata 1997.

Como director montou espectáculos en teatros recoñecidos de Bos Aires: Teatro Municipal General San Martín, Teatro Nacional Cervantes, Metropolitan, Ópera, Centro Cultural de la Cooperación, Teatro Regina, La Trastienda, Teatro Broadway, entre outros.

Foi merecedor dos principais premios e nomeamentos do medio teatral: Premio “ACE” (Asociación de críticos de espectáculos), “Premio Teatro XXI” (do grupo de investigación teatral GETEA), premio “Teatros del mundo” (da universidade de Bos Aires), Premio “Pregonero” (da fundación El Libro), entre outros.

Foi docente da escola de Danza de Julio Bocca, da escola de arte dramático  da Universidade do Salvador, e o é actualmente no Teatro Municipal General San Martin e no CELCIT (Centro Latinoamericano de creación e investigación teatral). Ditou cursos en diversas cidades de Arxentina, en Asunción (Paraguay), San Xosé (Costa Rica), Lisboa (Portugal), París (Francia), Barcelona, Bilbao, Durango, Arrigorriaga, Navarra, Murcia, Zaragoza, Valencia, Alacante, Palencia, Ibiza, Avilés, Xixón, Madrid,  Parma (Italia), entre outras. 

Dirixe Espacio Aguirre en Bos Aires, escola de clown, bufón e máscaras na que se formaron máis de 3000 alumnos arxentinos e estranxeiros.

Mais información en www.marcelokatz.com  e na páxina web da escola de clown, bufón e máscaras que dirixe en Bos Aires: www.espacioaguirre.com.ar

Noticias relacionadas

PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL

PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL

Ao referirnos a´ palabra “pai´s” e´ posible que na cabeza de cada persoa comecen a operar sinapses que dean lugar a´ aparicio´n consciente ou inconsciente dun conxunto de termos asociados: nacemento, orixe, patria, nacio´n, fogar, identidade... Tame´n e´ moi probable que na sociedade li´quida
TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO

TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO

Conversacións con Orlando. Dramaturxia e identidades nómadas.   En 1928 Virginia Woolf publica Orlando coma un agasallo a súa amiga e amante Vita Sacksville. Orlando é a viaxe a través dos siglos dunha personaxe que nace home e deviene muller. Unha lúcida reflexión sobre as identidades que
O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS

O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS

«Seminario de actuación. O xogo motor da creación» con Suttotos   É un taller deseñado para que todas aquelas persoas interesadas no teatro descubran, a través do xogo, a súa poética propia e as súas capacidades expresivas. Traballarase con exercicios específicos para o  desenvolvemento
ACHEGAMENTO Á ESCRITA DRAMÁTICA - ERNESTO IS

ACHEGAMENTO Á ESCRITA DRAMÁTICA - ERNESTO IS

ACHEGAMENTO Á ESCRITA DRAMÁTICA   A dramaturxia é a arte da reprodución e representación da acción en escena. A través do texto (palabras e movementos) deseñamos mundos e xeramos situacións coas diversas ferramentas da escrita dramática: personaxes, tempos e espazos, conflitos, estruturas,