Categorías

SOUTELO ENTERPRISE

SOUTELO ENTERPRISE

Espectáculos de xuño 2022

Inicio del evento
  • Inicio: 05/06/2022
Fin del evento
  • Fin: 05/06/2022
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para CIRCUITO GALEGO DE TEATRO AMADOR 2022 do espectáculo “SOUTELO ENTERPRISE - TIRULEQUE TEATRO” na Sala Ártika de Vigo

Data: Domingo 05 de xuño de 2022

Hora

Domingo 05 de xuño de 2022 ás 20:00h.

Recinto: Sala Ártika

Prezo

En taquilla: 3 € + Gastos de xestión 

Idades recomendada: +12 anos.

Duración: 60 minutos.

Entradas para CIRCUITO GALEGO DE TEATRO AMADOR 2022 do espectáculo “SOUTELO ENTERPRISE - TIRULEQUE TEATRO” o Domingo 05 de xuño na Sala Ártika.

SINOPSE:

Nunha imaxinaria situación histórica, social e xeográfica, o magnate Ramiro Soutelo, alma mater do emporio “Soutelo Enterprise”, medra ó abeiro das amizades políticas e xudiciais, entre as que son moeda corrente as corruptelas e os cartos en negro para facer valer as súas ambiciosas ansias de poder económico e político, sen que tales actividades lles causen desacougos nin remorsos a ningún dos seus actores. As lapas da conciencia apáganse co mellor extintor coñecido: o diñeiro. Unha comedia aceda contada entre risas e prantos, na que nos preguntamos:

Que ten que ver Lionel Messi con Paquiño Cagarolas? Por que Anselmo ten uns gayumbos de Kevin Clain e Benito de Calvin Klain? Milucho, o alcalde de Buxo, será tal de matar todas as vacalouras do concello? Non lle sería máis práctico a don Damián voar no seu jet privado? Perderá o Boca Juniors ese partido contra o Paris Saint-Germain? Por que Carmiña non quere patacas con cherelos e Lela ten problemas sexuais co seu Rafa?

As entradas do espectáculo “SOUTELO ENTERPRISE - TIRULEQUE TEATRO” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 3€ + gastos de xestión.