Categorías

RUNNING

RUNNING

Espectáculos Febreiro 2020

Inicio del evento
  • Inicio: 14/02/2020
Fin del evento
  • Fin: 16/02/2020
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para “RUNING - DE STE XEITO PRODUCIÓNS” na Sala Ártika de Vigo.

Data: Venres 14, Sábado 15 e Domingo 16 de febreiro de 2020

Hora:

  • Venres 14 de febreiro ás 21:30h
  • Sábado 15 de febreiro ás 21:30h
  • Domingo 16 de febreiro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

  • Venta online: Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión
  • En taquilla: Entrada Xeral: 12€

Idades recomendada: + 12

Duración: 75 min

Entradas para “RUNING - DE STE XEITO PRODUCIÓNS” o Venres 14, Sábado 15 e Domingo 16 de Febreiro na Sala Ártika.

SINOPSE:

Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro watsapp non tarda en chegar: “Quedamos? Veña si! Pero cando?”

Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?

Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno. En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.

As entradas para “RUNING - DE STE XEITO PRODUCIÓNS” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 12€ ou 8€ + gastos de xestión.





Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo