Categorías

NOSO

NOSO

Marzo 2024

Inicio del evento
  • Inicio: 23/03/2024
Fin del evento
  • Fin: 24/03/2024
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Av. Beiramar, 113 (36208) Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para o espectáculo “NOSO – OS NÁUFRAGOS ” na Sala Ártika de Vigo.

Data: sábado 23 e domingo 24 de marzo de 2024 

Hora: 

  • sábado 23 de marzo ás 20:00h
  • domingo 24 de marzo ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo: 

  •  Venta online: Entrada Anticipada: 11 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
  •  En taquilla: Entrada Xeral: 15 €

Idade recomendada: Público adulto

Duración: 75 min

Xénero: Dramedia

Idioma: Galego

Entradas para o espectáculo “NOSO – OS NAÚFRAGOS ” o sábado 23 e domingo 24 de marzo na Sala Ártika.

SINOPSE:

Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo que lles viu crecer, a casa da infancia cun vello ultramarinos bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive Nicolás con María, a súa parella. A expropiación dese lugar, por causa da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén despois de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas do pasado, unha visita non esperada, as relacións entres irmáns, a necesidade de mirar ao futuro e a importancia do pasado fan de NOSO unha dramedia que fai visible o conflito xeracional e a pertenza do lugar onde vimos.

 

FICHA ARTÍSTICA:

Reparto:  Daniel Otero,  María Roja, Rebeca Vecino, Jimmi Núñez e Sete Eiroa

Espazo escénico e vestiario  Marisa de LaIglesia

Deseño iluminación Daniel Pais

Música Os Náufragos teatro

Axu. dirección Irene Lorenzo

Produción Antonio Vázquez

 

Unha produción de Os Náufragos Teatro e AGADIC

Co apoio de Teatro Rosalía Castro

Distribúe URDIME

Dramaturxia e dirección Gustavo del Río

 

As entradas para o espectáculo “NOSO –  OS NÁUFRAGOS ” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.

 

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo