Categorías

I FESTIVAL COMEDIÁRTIKO - VOA, VOA!

I FESTIVAL COMEDIÁRTIKO - VOA, VOA!

Espectáculos de Setembro 2020

Inicio del evento
  • Inicio: 05/09/2020
Fin del evento
  • Fin: 06/09/2020
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para I FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “VOA, VOA! – TALÍA TEATRO” na Sala Ártika de Vigo.

Data: Sábado 05 e Domingo 06 de setembro de 2020

Hora:

Sábado 05 de setembro ás 18:00h
Domingo 06 de setembro ás 12:00h e ás 18:00h.
Recinto: Sala Ártika

Prezo:

Venta online:

  • Entrada Xeral: 7€ + gastos de xestión
  • Bono Familiar: Tres ou máis membros da mesma familia (Entre 0 e 99 anos) 6€ + gastos de xestión

En taquilla:

  • Entrada Xeral: 10€
  • Bono Familiar: Tres ou máis membros da mesma familia (Entre 0 e 99 anos) 8€

Idades recomendada: de 4 a 9 anos

Duración: 50 min

Entradas para I FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “VOA, VOA! – TALÍA TEATRO” o Sábado 05 ou Domingo 06 de setembro na Sala Ártika.

SINOPSE:

Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente para público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras.

Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle ensinou a súa avoa.

Unha montaxe na que ser proporá recuperar ditos, retrousos, xogos de man,...toda unha relación de ditos populares centrados nestas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral. Un espectáculo para incentivar a xogar, pero sobre todo incentivar ás familias (nais, pais pero sobre todo avoas e avós) a furgar na súa memoria para recuperar e transmitir os seus xogos da infancia e o vocabulario que se empregaba.

As entradas para I FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “VOA, VOA! – TALÍA TEATRO” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo entre 10 € e 6€ + gastos de xestión.

 

O USO DE MASCARILLA É OBRIGATORIO EN TODA SALA PARA GARANTIR A SEGURIDADE DE TODOS