Categorías

I CDAM - TEOREMA

I CDAM - TEOREMA

Espectáculos de Xuño 2021

Inicio del evento
  • Inicio: 18/06/2021
Fin del evento
  • Fin: 20/06/2021
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para I CICLO DE DANZA E ARTES DO MOVEMENTO “TEOREMA - JAVIER MARTIN” na Sala Ártika de Vigo.

Data: Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de xuño de 2021

Hora

  • Venres 18 de xuño de 2021 ás 20:00h
  • Sábado 19 de xuño de 2021 ás 20:00h
  • Domingo 20 de xuño de 2021 ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo: 
Entrada Xeral: 14€
Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión (dispoñible ata 1h antes do evento)

Idades recomendada: + 16 anos

Duración: 75 min

Entradas para I CICLO DE DANZA E ARTES DO MOVEMENTO “TEOREMA - JAVIER MARTIN” o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de xuño de 2021 na Sala Ártika.

SINOPSE:
‘Teorema’ é un proxecto escénico e de investigación de Javier Marti´n que indaga nos sons e movementos do interior del corpo, para rescatar memorias e propoñer novas sensibilidades.
En ‘Teorema’, as resonancias do interior do corpo compoñen a paisaxe sonora para a danza, despréganse nun espazo partitura onde os obxectos – fume, carbón, corda, xeo, cristal– dispóñense misteriosamente para alcanzar a súa propia floración. O corpo danzante anima o espazo para a danza. A sinfonía do corpo é a sinfonía do espazo e viceversa. Unha reflexión sobre as relacións entre interioridade e exterioridade, entre materia e memoria, que anima a cuestionar e a romper coas inercias por onde nos percibimos e nos relacionamos co entorno. Nada é como parece, e aínda asi´ traballamos co que esta´ disposto. “Unha demostración de que a ciencia fai promesas que so´ a carne cumpre e de forma moi misteriosa” (Roberto Fratini). Coreografía, carne e gramática.

Entradas para I CICLO DE DANZA E ARTES DO MOVEMENTO “TEOREMA - JAVIER MARTIN” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.