Categorías

FALAR X FALAR

FALAR X FALAR

Espectáculos de xaneiro 2022

Inicio del evento
  • Inicio: 07/01/2022
Fin del evento
  • Fin: 09/01/2022
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para o espectáculo “FALAR X FALAR – VOLTA E DÁLLE” na Sala Ártika de Vigo

Data: Venres 07, Sábado 08 e domingo 09 de xaneiro de 2022

Hora
Venres 07 de xaneiro de 2022 ás 20:00h
Sábado 08 de xaneiro de 2022 ás 20:00h
Domingo 09 de xaneiro de 2022 ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo
En taquilla: Entrada Xeral: 14€ 
Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión

Idades recomendada: +12

Duración: 65 minutos.

Entradas para o espectáculo “FALAR X FALAR – VOLTA E DÁLLE” o Venres 07, Sábado 08 ou Domingo 09 de xaneiro na Sala Ártika.

SINOPSE:
Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos  de rexurdimento civil e literario, o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño. Moita xente mamouna no berce, outra demorou en romper a falala, e hai quen nunca a falou nin nunca a falará. Por iso "Falar por Falar" proponnos un achegamento á realidade da lingua, desde a propia vivencia dos falantes e os non falantes. 

As entradas para o espectáculo “FALAR X FALAR – VOLTA E DÁLLE” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14€ ou 10€ + gastos de xestión.

Podes mercar a túa entrada na nosa web ou premendo aquí