Categorías

EXPOSICIÓN SALA NASA 1992-2011

EXPOSICIÓN SALA NASA 1992-2011

Espectáculos marzo 2023

Inicio del evento
  • Inicio: 14/04/2023
Fin del evento
  • Fin: 30/06/2023
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

SALA NASA 1992-2011

Materiais para un arquivo da cultura submarina. Sala Nasa 1992-2011

En outubro de 1992 abría as súas portas a Nave de Servizos Artísticos-Sala Nasa nunha nave industrial abandonada da rúa San Lourenzo, camiño de Fisterra, como testemuña da proximidade do cabo do mundo. Durante vinte anos a Nasa foi un espazo de encontro cidadán, un escenario aberto ás novas expresións da sociedade creativa e un instrumento de axitación cultural que conectou Compostela con axentes creativas de moitos outros lugares. A Nasa forma parte da memoria afectiva dunha xeración que viviu a cultura en primeira persoa, rachando as distancias coas artes vivas, a música en directo, a performance, a poesía, o cabaré... Trinta anos despois xuntamos algúns materiais que dan testemuño da actividade desenvolvida na Nasa, que falan dunha cidade que albiscou a cultura como eixo estratéxico para facela máis habitable. Unha escolma de documentos que forman parte dun arquivo oculto da cultura submarina de Compostela.

Actividades previstas:

  • 14 de marzo de 2023 ás 20:00h. Inauguración da exposición da Sala Nasa con Xesús Ron e Patricia de Lorenzo + Presentación do Libro "CHÉVERE (1987-2022) TRINTA E CINCO ANOS DE AXITACIÓN CULTURAL" e o comic "O NAVEGANTE (UNHA VIAXE A BORDO DA SALA NASA)" + Proxección "A viaxe dos chévere"
  • 19 e 26 de maio de 2023 ás 20:0h. Representación "Pequenas mentiras para contar grandes verdades"