Categorías

DRACULA EL MUSICAL- NOITE DE SAMAIN

DRACULA EL MUSICAL- NOITE DE SAMAIN

Espectáculos de Outubro 2019

Inicio del evento
  • Inicio: 31/10/2019
Fin del evento
  • Fin: 01/11/2019
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para “DRÁCULA, O MUSICAL – NOITE DO SAMAIN” na Sala Ártika en Vigo.

Data: Xoves, 31 de Outubro de 2019.

Hora: Xoves, 31 de Outubro ás 22:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

  • Entrada gratuíta: taquilla inversa.
  • Venta de entradas: só mediante reserva telefónica ou na taquilla da sala.

Idades recomendada: + 12

Duración: 90 minutos.

Entradas para “DRÁCULA, O MUSICAL – NOITE DO SAMAIN” o Xoves 31 de Outubro na sala Ártika.

SINOPSE:

Adaptación do musical Drácula empregando a técnica da fonomímica.

Baseado na popular novela de Bram Stocker, narra a viaxe de Jonathan Harker a Transilvania para entregar as escrituras das propiedades compradas polo conde Drácula na cidade inglesa de Whitby. Unha vez en Transilvania, Harker toparase cos perigos do lugar. Por outra banda, Mina, a prometida de Harker, resulta ser a reencarnación do antigo amor do conde Drácula catro séculos antes. O conde trazará un ambicioso plan para ir na súa procura e recuperala.

O finalizar o espectáculo aquelas persoas que veñan disfrazadas poderán participar nun concurso onde o premio serán bonos para asistir a calquera espectáculo que se realice na Sala Ártika.

As entradas para “DRÁCULA, O MUSICAL – NOITE DO SAMAIN” en Vigo son gratuítas coa modalidade de taquilla inversa.