Categorías

DEMASIADO TARDE

DEMASIADO TARDE

Espectáculos de Abril 2019

Inicio del evento
  • Inicio: 05/04/2019
  • 21:30
Fin del evento
  • Fin: 07/04/2019
  • 21:30
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: 113 Avenida da Beiramar
  • Localización: Ver mapa

Entradas para "DEMASIADO TARDE – LA ALDEA" na Sala Ártika en Vigo.

  • Nome da compañía: La Aldea
  • Nome do espectáculo: Demasiado Tarde
  • Xénero: Drama Lúdico
  • Data: Venres 05, Sábado 06 e Domingo 07 de Abril de 2019.
  • Hora:
    • Venres, 05 de Abril ás 21:30h
    • Sábado, 06 de Abril ás 21:30h
    • Domingo, 07 de Abril ás 20:00h
  • Recinto: Sala Ártika
  • Prezo:
    • Entrada Xeral: 10€ + gastos de xestión
    • Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión. (Dispoñibles ata 24 horas antes do evento)
  • Idade recomendada: +17
  • Duración: 55 minutos.
  • Idioma: castelán

SINOPSE

Outra vez néboa. É de madrugada. Un corpo xace na area e no fondo dun vaso con auga. Apenas abre a boca as palabras asolágano. Este lugar que o limita, dálle liberdade para expresarse, inspírao. E isto pono contento. Acepta a duplicidade, a multiplicidade… igual axítase. Ese corpo é un relato lúdico atravesado, fragmentado e convertido en pezas dun crebacabezas que se irán encastrando para formar un retrato, no mellor dos casos un espello, que mostra a existencia da separación cando a une. As palabras pronunciadas son frechas, que unha vez lanzadas, son imposibles de regresar ao arco. Elas flotan, mentres nos afundimos para chegar ao fondo, no que non hai nada de misterioso, o cal volve poñer as cousas no seu lugar. Ao cabo dun intre… ao cabo dun intre non se escoitou máis nada.

As entradas para “DEMASIADO TARDE – LA ALDEA” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 10€ ou 8€ + gastos de xestión.

MERCA A TUA ENTRADA

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo