Categorías

DAIMON Y LA JODIDA LOGICA

DAIMON Y LA JODIDA LOGICA

Espectáculos de Setembro 2019

Inicio del evento
  • Inicio: 06/09/2019
Fin del evento
  • Fin: 08/09/2019
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. Beiramar 113
  • Localización: Ver mapa

Entradas para “DAIMON Y LA JODIDA LÓGICA - MATARILE TEATRO” na Sala Ártika de Vigo.

Data: Venres 06, Sábado 07 e Domingo 08 de Setembro de 2019

Hora:

  • Venres 06 de Smetembro ás 21:30h
  • Sábado 07 de Setembro ás 21:30h
  • Domingo 08 de Setembro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

Venta online:
o Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión

En taquilla:
o Entrada Xeral: 12€ + gastos de xestión

Idades recomendada: + 18 anos

Entradas para “DAIMON Y LA JODIDA LÓGICA - MATARILE TEATRO” o Venres 06 o Sábado 07 ou o Domingo 08 de Setembro na Sala Ártika.

SINOPSE:

SOBRE “DAIMON Y LA JODIDA LÓGICA”

A última creación de Matarile dirixida por Ana Vallés apóiase nun equipo de 14 persoas, nove delas intérpretes. En 2018/19 o Azkuna Zentroa e o Centro de Danza de Zaragoza organizan dúas audicións onde se presentan 150 candidatos, dos cales dous son selecionados para incorporarse ao proxecto DAIMON.

Pero que é o DAIMON?

O destino, a voz da conciencia, a intuición, anxo ou demo, o rumoreo da voz interior que detén ou empuxa.

Presenza oculta, imprevisible, que determina actos e decisións que non podemos explicar racionalmente.

Podemos darlle unha corporeidade, unha presenza escura ou colaboradora, imaxinarnos unha figura que nos acompaña e que non é eu, e noso eu quedaría intacto, íntegro.

Pero a min interésame máis o daimon que tamén é eu, noso eu incomprensible, unha parte de nós que conecta co irracional, co misterio, co fantástico; unha porta ao extraordinario, ao que nos salva, ao sublime ou á tolemia.

Digamos que esta muller non é feliz, non o foi. Digamos o que foi achado dentro dun armario, no roupeiro. Falemos de perrucas convivindo con ensaios de filosofía. Falemos de almorzos, cigarros, mans, refuxios, quizais do gato, daquela voz; das cousas que importan.

Ana Vallés

As entradas para “DAIMON Y LA JODIDA LÓGICA - MATARILE TEATRO” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 12 € ou de 8€ + gastos de xestión.

>> Merca a tua entrada premendo aquí

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo