Categorías

CURVA ESPAÑA

CURVA ESPAÑA

IV COMEDIARTIKO

Inicio del evento
  • Inicio: 14/10/2023
Fin del evento
  • Fin: 15/10/2023
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para o IV FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “CURVA ESPAÑA - CHÉVERE” na Sala Ártika de Vigo.

Data: sábado 14 e domingo 15 e de outubro de 2023

Hora

  • sábado 14 de outubro ás 20:00h
  • domingo 15 de outubro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo

  • Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
  • En taquilla: Entrada Xeral: 14 €

Idades recomendada: + 13 anos

Duración: 90 min

Entradas para o IV FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “CURVA ESPAÑA - CHÉVERE” o sábado 14 e domingo 15 de outubro na Sala Ártika.

SINOPSE:

Unha peza que ironiza sobre o xénero documental combinando teatro e cine en directo. Unha alegoría sobre España que se serve dun relato local que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense), para confrontar a realidade coa ficción, a historia coa lenda.  Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre as súas causas, motivacións e consecuencias.

Curva España é a historia dunha investigación sobre un suceso do pasado e sobre as súas implicacións no presente. Un suceso real que tivo un impacto directo limitado a unha pequena comunidade da Galiza interior, pero no que se desvela o xeito no que se vertebrou o estado liberal español durante os séculos XIX e XX, en paralelo á construción do ferrocarril.

As entradas para o IV FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “CURVA ESPAÑA - CHÉVERE” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.

 

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo