Categorías

CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA A RAZÓN PERRALLEIRA

CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA A RAZÓN PERRALLEIRA

Espectáculos de Marzo 2019

Inicio del evento
  • Inicio: 15/03/2019
  • 21:30
Fin del evento
  • Fin: 17/03/2019
  • 22:30
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para “CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA – MOFA E BEFA" na Sala Ártika en Vigo.

  • Nome da compañía: Producións Teatrais Excentricas (MOFA E BEFA)
  • Nome do espectáculo: Cranios Privilexiados ou Crítica da Razón Perralleira
  • Xénero: Comedia
  • Data: Venres 15, Sábado 16 e Domingo 17 de Marzo de 2019.
  • Hora:
    • Venres 15, de Marzo ás 21:30h
    • Sábado, 16 de Marzo ás 21:30h
    • Domingo, 17 de Marzo ás 20:00h
  • Recinto: Sala Ártika
  • Prezo:
    • Entrada Xeral: 10€ + gastos de xestión
    • Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión. (Dispoñibles ata 24 horas antes do evento)
  • Idade recomendada: +13
  • Duración: 95 minutos.

SINOPSE

Logo de vintecinco anos arriscando o pelexo sobre todo tipo de palcos e tablaos, tanto flamencos como euskaldúns, en festivais de teatro clásico e anódinos bares universitarios, en desaparecidas salas alternativas ou nos desabrigados cortellos das redes teatrais do estado, o celebrado dúo cómico Mofa e Befa enfronta pola primeira vez na súa dilatada traxectoria o metálico ardor da dúbida. “E agora que?”, sería o seu particular remedo da dúbida metódica cartesiana, aquela que obriga aos dubidantes a desconfiar de todo o que os arrodea, a comezar por si mesmos, postulando ademais a existencia dun xenio maligno, tal vez un escuro funcionario da Xunta de Galicia, responsábel de os conducir por errados camiños e empurralos por derivas pouco sustentábeis desde un punto de vista racional. É hora de pensar, non queda outra.

Entradas para “CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA – MOFA E BEFA” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 10€ ou 8€ + gastos de xestión.

MERCA A TUA ENTRADA