Entradas para “CARTÓONS - PRODUCCIONES EXCENTRICAS” na Sala Ártika de Vigo.
Data: Sábado 07 e Domingo 08 de marzo de 2019
Hora:
Sábado 07 de marzo ás 18:00h
Domingo 08 de marzo ás 12:00h e ás 18:00h.
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
Venta online:
Entrada Xeral: 6€ + gastos de xestión
Bono Familiar: Tres ou máis membros da mesma familia (Entre 0 e 99 anos) 5€ + gastos de xestión
En taquilla:
Entrada Xeral: 8€
Bono Familiar: Tres ou máis membros da mesma familia (Entre 0 e 99 anos) 6€
Idades recomendada: +3 anos
Duración: 50 min
Entradas para “CARTÓONS - PRODUCCIONES EXCENTRICAS” o Sábado 07 ou Domingo 08 de marzo na Sala Ártika.
SINOPSE:
Dous tipos abandonados nas marxes. Poden estar na marxe do primeiro mundo, e seren seres que se ven obrigados a exiliarse da guerra da sua patria, para instalarse nas comfortables valados que lles poñemos na porta da UE ou dos USA. Perderon todo e teñen que inventalo todo de novo. Ou, para non viaxar tanto, poden ser marxinais que viven na marxe da nosa sociedade e conveten en luxo o noso lixo.
Todo isto parece un drama, mais non é. Se o contase un circunspecto xornalista de investigación, sería sen dúvida, motivo para o pranto. Mais os que penetran e esculcan neses mundos son dous clowns. A ollada inocente dos pallasos fannos ver as cousas diferentes aos medios de comunicación, e cando o candor do clown se atopa coa inocencia da infancia (a primeira, a auténtica) entre as duas crean mundos que antes non existian. As crianzas ven o mundo como non o voltarán a velo e os adultos que os acompañen poderán descubrir algo novo tamén.
As entradas para “CARTÓONS - PRODUCCIONES EXCENTRICAS” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo entre 8 € e 5€ + gastos de xestión.