Categorías

CANTA CONNOSCO!

CANTA CONNOSCO!

Maio 2024

Inicio del evento
  • Inicio: 04/05/2024
Fin del evento
  • Fin: 05/05/2024
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para o espectáculo “CANTA CONNOSCO –  MIGALLAS TEATRO ” na Sala Ártika de Vigo.

Data: Sábado 04 e domingo 05 de maio de 2024

Hora

  • Sábado 04 de maio de 2024 ás 18:00h
  • Domingo 05 de maio de 2024 ás 18:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo

  • Venta online: Entrada Anticipada: 8 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
  • En taquilla: Entrada Xeral: 10 €

Idades recomendada: + 3 anos

Duración: 50 min

Xénero: Comedia e canción infantil

Idioma: Galego

Entradas para o espectáculo “CANTA CONNOSCO– MIGALLAS TEATRO” o sábado 04 e domingo 05 de maio de 2024 na Sala Ártika.

SINOPSE:

En "Canta connosco!" combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas. Os temas que se tratan, entre outros, son: o coidado das mascotas; o consumismo na compra de xoguetes; a lectura como pracer e aprendizaxe fronte ao exceso de TV e de videoxogos; a importancia da imaxinación; o xogo do teatro; cancións que axudan a estudar etc. Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: "Dime que fixeches", "O esqueleto", "O libro máxico" e "Ai, Patín!". A música está gravada (toca unha banda de pulgas), mais as voces solistas son en vivo.

FICHA ARTÍSTICA:

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus. 

Elenco: Antón: Carlos Yus. Rosiña e Cachirula: María Campos. 

Música: cancións orixinais de María Campos e Carlos Yus. 

Escenografía: Marisol García e María Campos 

Técnica de luz e son: Alba Tamara 

Vestiario: Celsa Cabaleiro 

Fotografía: Sr. Sagüillo

As entradas para o espectáculo “CANTA CONNOSCO – MIGALLAS TEATRO ” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 10 € ou 8 € + gastos de xestión.

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo