Categorías

BLANCANIEVES

BLANCANIEVES

Espectáculos de Marzo 2021

Inicio del evento
  • Inicio: 18/03/2021
Fin del evento
  • Fin: 19/03/2021
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para o espectáculo “BLANCANIEVES – LUNA TEATRO DANZA” na Sala Ártika en Vigo.

Data: Xoves 18 e Venres 19 de marzo de 2021

Hora:

  • Xoves 18 de marzo ás 18:00h
  • Venres 19 de marzo ás 12:00h e ás 18:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

  • En taquilla: Entrada Xeral: 10€
  • Venta online: Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión

Idades recomendada: + 3 anos

Duración: 50  min.

Entradas para o espectáculo “BLANCANIEVES – LUNA TEATRO DANZA” xoves 18 e venres 19 de marzo na sala Ártika de Vigo

SINOPSE

Blancanieves vése empurrada a fuxir do pazo por a furia envexosa da madrastra. Na súa fuxida deberá atravesar un bosque inhóspito. Os animais salvaxes que se lle cruzan no camiño non lle fan dano algún e protéxena de todo mal.

Máis tarde é acollida por uns ananiños que lle ofrecen protección a cambio de que realice tarefas no fogar. Obrigada por as circunstancias acepta a regaña dentes ese acordo. Pero no seu corazón sigue latindo o recordo do bosque, onde a natureza crece libre e salvaxe. Enganada por unha bruxa proba unha mazá envelenada e cae nun sono mortal. Príncipes de todo o mundo acoden a espertala cun bico, pero ninguén o consigue porque en realidade non existen príncipes azuis que salven a mulleres durmidas. Ante o sono mortal de Blancanieves todo o bosque cae sumido nunha profunda tristeza. Os paxaros deixan de cantar, os lobos de oulear, os cervos de bramar. Finalmente Blancanieves sálvase a si mesma, e ao espertar comeza a danzar a danza da vida baixo a lúa chea. Un espectáculo de teatro de títeres partindo dun conto clásico que combina o poético e o cómico, recorrendo unha variedade de linguaxes escénicas como a danza, ás máscaras, os títeres, a música e ao teatro de obxectos. A dramaturxia, á súa vez, sorprende dando xiros inesperados ao conto clásico de maneira graciosa e con humor, pero sempre cun toque poético. A plástica xunto co espazo sonoro están cargados de simboloxía que tocan as emocións do espectador xerando atmosferas variadas e contrastadas.

As entradas para o espectáculo “BLANCANIEVES – LUNA TEATRO DANZA” en Vigo teñen un prezo entre 10€ e 8€ + gastos de xestión.