Entradas para o espectáculo “BACK UP: A RESURRECCIÓN DE NUNO - DE STE XEITO PRODUCIÓNS” na Sala Ártika de Vigo.
Data: venres 27, sábado 28 e domingo 29 de xaneiro de 2023
Hora:
- venres 27 de xaneiro ás 20:00h
- sábado 28 de xaneiro ás 20:00h
- domingo 29 de xaneiro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24h antes da primeira función)
En taquilla: Entrada Xeral: 14 €
Idade recomendada: + 18 anos
Duración: 75 min
Entradas para o espectáculo “BACK UP: A RESURRECCIÓN DE NUNO - DE STE XEITO PRODUCIÓNS” o venres 27, sábado 28 e domingo 29 de xaneiro na Sala Ártika.
SINOPSE:
En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo falecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial. Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo.
Pero pouco a pouco a resurrección de Nuno vai tomando terreo por si mesma, dando lugar a que saian á boia conflitos e segredos familiares que enfrontan a cada membro deste clan con dilemas que resolver e verdades que asimilar.
A Resurrección de Nuno e unha “Comedia post Mortem” que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da Ciencia ficción pero que sen emgargo xa está a tocar a nosa porta na actualidade. ¿Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos enterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade?Serán quén de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidade?
As entradas para o espectáculo “BACK UP: A RESURRECCIÓN DE NUNO - DE STE XEITO PRODUCIÓNS” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.
Ficha artística:
- DIRECCIÓN: Cecilia Geijo
- DRAMATURXIA: Pilar G. Almansa
- DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA: José Faro Coti
- DESEÑO DE LUCES: José Faro Coti e Laura Iturralde
- ESPAZO SONORO: Xavier Bertolo
- VESTIARIO: Diego Valeiras
- TRADUCIÓN: Roi Vidal Ponte
- ELENCO: Pepa Barreiro, Sergio Macías, Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro Abad, Nadia Domenech e Stephy Llaryora
- COLABORACIÓN ESPECIAL: María Mera
- VIDEO: Tafuca Producciones e Deica Audiovisual
- FOTO: Serxo Photo
- TÉCNICO EN XIRA: Jorge Ramos
- COLABORACIÓN VÍDEOS PROMO: Noticias Dispersas Diego Freire Fernandez
- ESPAZOS DE CREACIÓN: #nononon e Sala de Teatro Ártika
- PRODUCIÓN: Steve Dominguez Fernandez e Stephy Llaryora.
- AXUDANTE DE PRODUCIÓN: Anxo Fernández Davila