Categorías

AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN

AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN

Espectáculos de outubro 2022

Inicio del evento
  • Inicio: 07/10/2022
Fin del evento
  • Fin: 08/10/2022
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para o espectáculo “AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN - CHÉVERE” na Sala Ártika de Vigo.

Data: Venres 07 e sábado 08 de outubro  de 2022

Hora:

Venres 07 de outubro ás 20:00h

Sábado 08 de outubro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión

En taquilla: Entrada Xeral: 14€

(mercando unha entrada anticipada para calquera de estas funcións e introducindo o código da entrada podes obter un desconto para As fillas Bravas e o Mito de Casandra programado o domigo 09 de outubro ás 20:00h.)

Idades recomendada: + 16 anos

Duración: 60 min

Entradas para o espectáculo “AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN - CHÉVERE” o Venres 07, Sábado 08 ou Domingo 09 de outubro na Sala Ártika.

SINOPSE:

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, dando continuidade a traballos que cuestionaron a rixidez dos xéneros (Testosterona), que reivindicaron as voces silenciadas dunha forza de traballo feminina que segue levantando imperios económicos na era da globalización (Citizen), que promoveron unha lectura crítica dos valores machistas que transmiten as cancións románticas (I’ll be watching you). Nesa liña de traballo, As Fillas Bravas veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados.

As entradas para o espectáculo “AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN - CHÉVERE” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14€ ou 10€ + gastos de xestión.