Nome da compañía: Caramuxo Teatro
SINOPSE:
Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. "Zapatos" narra tódalas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.
Idioma: Galego
Dispoñible: Febreiro