Categorías

VII PEQUEÁRTIKO - LIXO

VII PEQUEÁRTIKO - LIXO

Espectáculos de Decembro 2021

Inicio del evento
  • Inicio: 21/12/2021
Fin del evento
  • Fin: 21/12/2021
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para VII FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL para o espectáculo “LIXO - O BAUL DA TÍA TOLA”na Sala Ártika de Vigo

Data: luns 20 de decembro de 2021

Hora: Martes 21 de decembro de 2021 ás 17:00 e ás 18:30h.

Recinto: Sala Ártika

Prezo

En taquilla: Entrada Xeral: 10€ 

Venta online: Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión

Idades recomendada: de 2 a 7 anos

Duración: 40 minutos.

Entradas para VII FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL “LIXO - O BAUL DA TÍA TOLA” o martes 21 de decembro de 2021 na Sala Ártika.

SINOPSE:

Sempre a correr chegan PLié e Relevé ó teatro para mostrar a súa gran coreografía. Mergullarémonos nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento. As dúas protagonistas, unhas bailadeiras moi peculiares, vivirán unha aventura na que teñen que “crear cultura a partir da varredura”.

Comunícanse con pareados, móvense con pasos de ballet inventados por elas mesmas e axúdanse das luces para crear diferentes atmosferas ó longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra.

LIXO está creado a partires de material plástico reciclado co que facer escenografías para o xogo, cando estes obxectos poderían ser simples desperdicios. A intencionalidade da obra é facernos ver dunha maneira divertida, os problemas que poden surxir debidos ó  excesivo plástico que empregamos e ó mal uso que facemos del.

As entradas para VII FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL “LIXO - O BAUL DA TÍA TOLA” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 10€ ou 8€ + gastos de xestión.