Categorías

VII PEQUEÁRTIKO - DIMINUTIVO

VII PEQUEÁRTIKO - DIMINUTIVO

Espectáculos de Decembro 2021

Inicio del evento
  • Inicio: 20/12/2021
Fin del evento
  • Fin: 20/12/2021
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para VII FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL para o espectáculo “DIMINUTIVO - TÍTERES SIN CABEZA” (ARAGÓN) na Sala Ártika de Vigo

 Data: luns 20 de decembro de 2021

Hora

Luns 20 de decembro de 2021 ás 17:00 e ás 18:30h.

Recinto: Sala Ártika

Prezo

En taquilla: Entrada Xeral: 10€ 

Venta online: Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión

Idades recomendada: Para tódolos públicos.

Duración: 50 minutos.

Entradas para VII FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL “DIMINUTIVO - TÍTERES SIN CABEZA” (ARAGÓN) o luns 20 de decembro de 2021 na Sala Ártika.

SINOPSE:

DIMINUTIVO é un espectáculo de monicreques crocantes para os máis pequenos. Esta pequena historia protagonizada por un tenro boliño e unha doce madalena achéganos á lingua de signos. Un universo, para moitos, descoñecido, de comunicación a través do xesto.

Pero, que é Diminutivo, quen é? Coñeces Diminutivo? É un pobo pequeno, moi pequeno, tan pequeno que seguramente caiba nun saco de fariña. E claro, as súas casas son pequenas, moi pequenas, as prazas son pequenas, diminutas!, e os seus habitantes… algúns maduros e outros doces, pero todos eles moi pequenos. Moitos ingredientes fan falta aínda para que poidas facerche unha idea de que é o que lle rolda a  Pablito, o panadeiro do pobo, por ese  cuscurro que ten por cabeza. Por exemplo unha fermosa e  redondita señorita cun peiteado de azucre e  canela.

Neste pobo todo é pequeno ata que chegan os problemas… E xa verás que hai cousas que non se poden evitar, pero todo pódese arranxa.

As entradas para VII FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL “DIMINUTIVO - TÍTERES SIN CABEZA” (ARAGÓN)  na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 10€ ou 8€ + gastos de xestión.

 

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo