Categorías

Querella de Lope y las Mujeres

13/11/2018· Campaña escolar ESO e Bacharelato

Nome da compañía: CTC Producciones (Madrid)

 

SINOPSE: 

Unha actriz enfróntase ao mestre Lope de Vega fronte ao público: moitas das súas mulleres, as que ela representa, estánselle revelando ao verse comparadas coas mulleres de hoxe. Entón fai falar a Laura, a vengadora das mulleres; e a Fenisa, a buscona; e a Aurora, a bela ninfa; e á vilá; e á boba; e a Laurencia… Así descobre que Lope amou ás mulleres; moito máis: Lope retratouse nas súas mulleres para o bo, tantas veces valentes; e para o malo, outras tantas rendidas. Así descobre que somos nós, agora, as que debemos cambiar eses finais que hoxe tanto nos doen. Un texto contemporáneo que dialoga cos personaxes femininos de Lope e, ao seu través, con Lope mesmo.

  • Idades recomendadas: 4º da E.S.O. e Bacharelato
  • Idioma: Castelán
  • Dispoñible: Novembro

 

Redescubre o teatro na Sala Ártika

Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!