Temas

PROTOCOLO E NORMAS DA ESCOLA ÁRTIKA

27/08/2020 · Cursos regulares

NORMAS DA ESCOLA DE INTERPRETACIÓN DE ÁRTIKA
CUROS 2020-2021


Neste curso que dará comezo no mes de setembro de 2020 e por mor do acaecido polo estado de alarma motivado polo COVID-19, a nosa escola implantou unha serie de protocolos a seguir para procurar a tranquilidade d@s alumn@s maiores e das nais e pais dos máis pequenos da escola. Para conseguilo necesitamos a vosa colaboración:


Ártika colocará en cada aula un dispensador de xel hidroalcohólico para que cada participante da clase, sexa profesor ou alumno, o utilice antes de entrar e ao rematar a actividade. Controlarase a temperatura dos participantes, e ningún alumno sen excepción poderá asistir á clase con máis de 37º. E moi importante a responsabilidade tanto dos pais e nais dos máis pequenos como dos adultos, para que ninguén asista se ten algún síntoma.


Despois de cada clase procederase á nebulización da aula con desinfectantes viricidas autorizados polo Ministerio de sanidade (segundo norma UNE EN 14476), por este motivo o tempo de inactividade na aula será de 30 min entre a finalización dunha clase e o comezo da seguinte. Isto tamén axudará a evitar aglomeracións no cambio de clase.


Cada aula contará cun espazo destinado a gardar o calzado que @s alumn@ traen de fora, sendo indispensable que conten cun calzado específico para as clases, ou un par de calcetíns con antideslizante para realizar a actividade. Este espazo será desinfectado despois de cada clase.


O uso de mascarilla é obrigatorio, tanto para @s profesor@s como para @s alumn@s.


Por mor da desinfección e o tempo de inactividade necesario para a mesma, algúns horarios de clase vense afectados para garantir a correcta hixiene dos espazos de traballo.


Nas clases de interpretación, danza e comedia musical, o aforo das clases se reducirá sen excepcións a 10 alumnos por grupo. Por este motivo e segundo a demanda de prazas, abriranse novos cursos e horarios para as actividades máis solicitadas. No caso de danza aérea, o aforo se reduce a 4 participantes por grupo, para que os mesmos NON compartan a tela durante a clase. As mesmas serán nebulizadas ao rematar a actividade quedando listas para o seguinte grupo.

Co fin de eliminar o uso de efectivo, o pago das actividades da escola, realizarase por domiciliación bancaria, enviando cada mes a factura correspondente ao correo que se indique a estes efectos. No caso de devolución de recibos cargaranse os gastos de xestión que a entidade bancaria impute.

Para paliar unha parte dos custos orixinados polas medidas hixienico-sanitarias que implantamos, vémonos na obriga de modificar o prezo das nosas actividades, deste xeito, as actividades de pre-teatro, teatro infantil, pre-adolescentes e adolescentes, pasa de 25,- €/mes a 30,-€/mes (no caso de que asistan irmáns ás clases, seguirán pagando 25.-€/mes cada un deles). En canto ás clases de adultos pasarán de 30,-€/mes a 40,-€/mes.

Esperamos apoien e entendan as medidas tomadas, estamos ao voso dispor para calquera consulta ou suxerencia que poidan aportar.


A continuación detallamos o funcionamento das clases:

@s profesor@s deberán:

  • Estar na aula asignada pola dirección da escola 30 minutos antes de comezar as clases. Neste período de tempo deberase ter todo o material preparado co fin de ser puntuais cos horarios previstos.
  • Pedir e entregar a listaxe de asistencia cada mes.
  • Comprobar a asistencia d@s alumn@s mediante a listaxe entregada pola escola.
  • No caso de non poder asistir a clase deberá informar con 48 horas de antelación a escola, co fin de poder substituílo ou poder avisar aos alumn@s de calquera modificación.
  • Comprobarán que cada alumn@ utiliza o xel hidroalcohólico e que entra cun calzado diferente ao empregado na calle.
  • Rematar puntualmente co fin de poder realizar as labores de desinfección necesarias para unha correcta hixiene dos espazos.
  • Desinfectar o espazo empregando os medios de hixiene aportados pola Sala ao finalizar a clase para garantir a seguridade tanto aos alumnos como do persoal de sala.
  • Evaluarán la evolución del alumno para poder facer a mostra final de curso.


Os alumnos/as deberán:

  • Ser puntuais cos horarios asignados. Calquera atraso deberá informarse ao profesor.
  • Acudir as clases con: roupa cómoda ou vestiario para cambiarse, mascarilla, calzado para empregar unicamente nas aulas e unha botella de auga. Nas clases dos nen@s non se permitirá merendar na aula polo que terán que facelo antes ou despois da actividade.
  • Considerar e respectar aos seus compañeir@s.
  • Coñecer e informar da súa participación nas datas asignadas para as mostras finais. Estas son: 25, 26, e 27 de Xuño, 02, 03, 04, 09, 10 e 11 de Xullo de 2021.
  • No caso de que @ alumn@ non queira participar na mostra final de curso deberase informar ata o 31 de Xaneiro como máximo.

A Sala Ártika fará entrega dun CARNÉ DE ALUMNO/A no que o seu titular terá os seguintes beneficios:

  • @s alumn@s menores de idade poden entrar gratis aos espectáculos infantís programados na nosa sala. Soamente pagarán os acompañantes 5€ por entrada.
  • @s alumn@s adultos poderán adquirir entradas a prezo de anticipada na taquilla para o/a titular e un acompañante. Efectuaráselle un desconto de 4€ sobre o prezo da Entrada Xeral (14€) podendo adquirir cada entrada a 10€.

 

 

NORMAS DA ESCOLA DE INTERPRETACIÓN DE ÁRTIKA.pdf

Descargar

¡Compártelo!

Redescubre o teatro na Sala Ártika

Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!