Nome da compañía: Teatro Avento Producións
SINOPSE:
Os tempos que corren non son fáciles para ninguén, e moito menos para vellos personaxes de historias do pasado. Drácula, o Home Lobo, o monstro de Frankenstein, etc... deciden retirarse a unha afastada mansión de Transnistria, lonxe dunha sociedade que pasou de adoralos a ignoralos. O problema é que o herdeiro da mansión quere botalos fora e deixalos sen fogar...
Este é o punto de partida do espectáculo de Teatro Avento Producións. Unha historia con xiros inesperados, na que a maxia e a fantasía vai da man do realismo mais descarnado. Unha ollada crítica ao mundo do espectáculo coa que Teatro Avento acadou máis de trinta premios por todo o estado e que agora volve mais madura e convertida en musical.
Idades: Quinto e sexto de primaria
Idioma: Galego
Dispoñible: Abril, Maio e Xuño