Nome da compañía: Avento Producións
SINOPSE:
Espectáculo de títeres no que se tratan temas como a ecoloxía, a interculturalidade, a tolerancia, a amizade e a solidaridade. Verde é un extraterrestre que habita o planeta Laranxus 7. Leva unha vida do máis monótona e aburrida, só e sen ninguén con quen xogar.
Cando o seu planeta é colonizado por uns malvados e horribles invasores, o noso protagonista embárcase nunha fantástica viaxe na procura de axuda. A súa odisea levarao a coñecer distintas razas e lugares do universo que acabarán por cambiarlle a súa visión do mundo e axudaranlle a descubrir o verdadeiro valor da amizade.
Idades: Segundo e Terceiro curso de Infatil e de Primeiro a Terceiro de Primaria.
Idioma: Galego
Dispoñible: Todo o curso
*Pódese realizar a función no centro.