Entradas para o espectáculo “IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER - COMPAÑÍA HUMANA” na Sala Ártika de Vigo.
Data: sábado 06 e domingo 07de maio de 2023
Hora:
- sábado 06 de maio ás 20:00h
- domingo 07de maio ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24h antes da primeira función)
En taquilla: Entrada Xeral: 14 €
Idades recomendada: + 12 anos
Duración: 75 min
Entradas para o espectáculo “IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER - COMPAÑÍA HUMANA” o sábado 06 e domingo 07 de maio na Sala Ártika.
SINOPSE:
Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación extraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda.
Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar ós deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara a sociedade que a marxina.
Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos... Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.
As entradas para o espectáculo “IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER - COMPAÑÍA HUMANA” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión
Ficha artística
- Interpretación: ALBA CANEDA
- Dirección escénica: SARA REY SEOANE
- Espazo escénico: AS DÚAS E PUNTO
- Iluminación: AS DÚAS E PUNTO
- Vestiario: COMPAÑÍA HUMANA
- Espazo sonoro: MARCOS GRANDAL
- Texto orixinal: GARY OWEN
- Tradución ó galego: COMPAÑÍA HUMANA
- Adaptación: FRAN PELETEIRO e ALBA CANEDA