Categorías

Intensivo de caracterización teatral

03/12/2018· Cursos monográficos

IMPARTIDO: Gustavo Brito

OBXECTIVO: Proporcionar aos asistentes, os coñecementos necesarios sobre os produtos e ferramentas utilizadas neste oficio, o seu correcto emprego e as diferentes técnicas aplicadas á maquillaxe e caracterización teatral. Procurando desenvolver no alumno o proceso de aprendizaxe técnica-creativa, así como tamén, o concepto do traballo en equipo, e a interrelación do caracterizador/a con o resto das áreas que compoñen as artes escénicas, sustentado por unha constante práctica, guiada polo formador.

CONTIDO DO CURSO:

  • Coñecemento acerca da estrutura muscular do rostro.
  • Elección e uso correcto dos produtos e ferramentas.
  • Maquillaxes  compactos e graxos. Combinacións de bases e tons.
  • Maquillaxe escénica básica – Volumes e depresións – Zonas de luz e sombra.
  • Corrección e modificación de cellas.
  • Deformacións visuais. (Ollos, boca, nariz).
  • Envellecementos.
  • Distintos estereotipos raciais – Exipcios - Chineses -   Geisha –   Mongol – Etc.
  • Creación de personaxes fantásticos. Bruxas – Fadas -  Trasgos - etc.
  • Aplicación e fabricación de pestanas postizas.
  • Maquillaxes - Máscara. (Deseño e execución de motivos xeométricos e lineais).
  • Introdución á maquillaxe de  FX utilización de carne artificial e  mastic.
  • Traballos libres en base a deseños creados polos alumnos, aplicando as técnicas aprendidas.

 

MATERIAIS INCLUIDOS:

  • Bases  acuacolor  en tons pel de 30 ml.
  • Bases  acuacolor branco e negro de 30 ml.
  • Bases  supra cor branca e negro de15 ml.
  • Bases  acuacolor colorees varios de 15 ml.
  • Lapis  delineadores marrón, negro e vermello.
  • Pinceis aptos para o rostro.
  • Toallitas  desmaquillantes.
  • Esponxas de goma escuma e de escuma de látex.
  • Po  translucido.
  • Carne artificial.
  • Mastic.

 

DURACION: 20hs. Distribuidas en tres clases:

  • Venres 14 de 16:00h a 20:00h
  • Sábado 15 de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h
  • Domingo 16 de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a 19:00h.

Redescubre o teatro na Sala Ártika

Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!