II Funcionamiento del Actor - Alejandro Giles

Publicado: 17 de febreiro de 2020, 16:49
  1. Cursos monográficos
II Funcionamiento del Actor - Alejandro Giles

A Master Class impartida polo director arxentino, realizarase en dous encontros de catro horas cada un. O adestramento inclúe ferramentas de comunicación, aprender a pensar desde o personaxe e deixar de pensar sobre o personaxe no momento de actuar. Ferramentas de concentración, e da situación dramática. O director, mestre e coach arxentino Alejandro Giles ofrece aos actores nos seus encontros revisar as ferramentas, procedemento e funcionamento do actor. Este preparador de intérpretes é un gran coñecedor da “sensorialidad que da vida a la acción y al pensamiento”.

Alejandro Giles Director, actor e mestre de actores.
Forma e adestra actores no seu estudo en Buenos Aires e en seminarios ditados free-lance. É coach de actores e directores en cinema. Actualmente dita seminarios e dirixe en España, Colombia e Arxentina. Prepara a súa primeira posta en escena en Berlín Alemaña. Formado en Buenos Aires por Agustín Alezzo, e o seu adestramento profesional con Augusto Fernández (Arxentina), Chrys Hayes( RADA Inglaterra), Rony Dengel e Fred Rolf (EE UU), Eugenio Barba (Dinamarca). Speaker e Coach en Creatividade, Oratoria e Comunicación para Grupo Talex Internacional. Capacitador para o CFI (Consejo Federal de Inversiones). Capacitador para o INT Instituto Nacional de Teatro. Montou proxectos de diferentes volumes de produción, desde obras de cámara ata óperas de rúa con trescentos artistas en escena. Os seus espectáculos interviñeron en Festivais internacionais, recibindo premios e subsidios en Arxentina e en Europa.

Público destinatario: tanto para xóvenes coma para adultos.
Datas:

  • 29 de Febreiro de 2020
  • 01 de Marzo de 2020

Noticias relacionadas

PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL

PAÍS: OBRADOIRO DE CREACIÓN E ESPAZO DE ENCONTRO TEATRAL

Ao referirnos a´ palabra “pai´s” e´ posible que na cabeza de cada persoa comecen a operar sinapses que dean lugar a´ aparicio´n consciente ou inconsciente dun conxunto de termos asociados: nacemento, orixe, patria, nacio´n, fogar, identidade... Tame´n e´ moi probable que na sociedade li´quida
TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO

TALLER DE ESCRITURA DRAMÁTICA SOBRE IDENTIDADES CONTEMPORÁNEAS CON LAURA GALLETERO

Conversacións con Orlando. Dramaturxia e identidades nómadas.   En 1928 Virginia Woolf publica Orlando coma un agasallo a súa amiga e amante Vita Sacksville. Orlando é a viaxe a través dos siglos dunha personaxe que nace home e deviene muller. Unha lúcida reflexión sobre as identidades que
O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS

O XOGO MOTOR DA CREACIÓN CON SUTTOTOS

«Seminario de actuación. O xogo motor da creación» con Suttotos   É un taller deseñado para que todas aquelas persoas interesadas no teatro descubran, a través do xogo, a súa poética propia e as súas capacidades expresivas. Traballarase con exercicios específicos para o  desenvolvemento
CLOWN CON MARCELO KATZ

CLOWN CON MARCELO KATZ

MONOGRÁFICO INTENSIVO DE CLOWN CON MARCELO KATZ (ARXENTINA) UN PÉNDULO: IDA E VOLTA DO XOGO E A EMOCIÓN O clown é o arte do pracer e da parvada. É unha experiencia teatral apaixonante coa que recuperamos o pracer de xogar e a capacidade de expresarnos espontaneamente, libres de tabús e