Categorías

II ARTIKLOWN - CIRC OBSOLET

II ARTIKLOWN - CIRC OBSOLET

Espectáculos de maio 2022

Inicio del evento
  • Inicio: 20/05/2022
Fin del evento
  • Fin: 22/05/2022
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para o II ARTIKLOWN! do espectáculo “CIRC OBSOLET -  LA PANDA DE YOLANDA” na Sala Ártika de Vigo.

Data: Venres 20, Sábado 21 e domingo 22 de maio de 2022

Hora

Venres 20 de maio ás 20:00h

Sábado 21 de maio ás 20:00h

Domingo 22 de maio ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo

Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión

En taquilla: Entrada Xeral: 14€

Idades recomendada: + 12 anos

Duración: 60 min

Entradas para o II ARTIKLOWN! do espectáculo “CIRC OBSOLET -  LA PANDA DE YOLANDA” o Venres 20, Sábado 21 ou Domingo 22 de maio na Sala Ártika.

SINOPSE:

Se continúas escribindo cartas, se lembras números de teléfono ou se tes cintas VHS… “Circ obsolet” encantarache porque é un circo de aquilo vello, caduco e esquecido. Como os teléfonos fixos, as bailarinas flamencas enriba da televisión, as televisións mesmas, ou as cartas postais escritas a man. Unha oda a aqueles que o arranxarán todo para que as cousas continúen funcionando, a pesar da súa inutilidade.

Tres personaxes obsoletos enchen a pista de humor e poesía demostrando que todos eles teñen dereito a volver a ser. Benvidos e benvidas ao circo da cochambre, ao circo do inútil, do caduco, do esquecido. Benvidos e Benvidas ao Circo Obsolet.

Que gardei? Para que serven as cousas que non serven? Que valor teñen? Para que sirvo eu? E os meus recordos? 

As entradas para o espectáculo “CIRC OBSOLET -  LA PANDA DE YOLANDA” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14€ ou 10€ + gastos de xestión.

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo