Categorías

DO PRACER E DA MORTE

DO PRACER E DA MORTE

Espectáculos de Abril 2021

Inicio del evento
  • Inicio: 16/04/2021
Fin del evento
  • Fin: 18/04/2021
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para “DO PRACER E DA MORTE - A FEROZ” na Sala Ártika de Vigo.

Data: Venres 16, Sábado 17 e Domingo 18 de abril 2021

Hora: 
Venres 16 de Abril de 2021 ás 19:30
Sábado 17 de Abril de 2021 ás 19:30
Domingo 18 de Abril de 2021 ás 19:30

Recinto: Sala Ártika

Prezo: 

Entrada Xeral: 14€
Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión (dispoñible ata 1h antes do evento)

Idades recomendada: + 18 anos

Duración: 90 min

Entradas para “DO PRACER E DA MORTE - A FEROZ” O Venres 16 e Sábado 17 e Domingo 18 de abril na sala Ártika de Vigo.

Do pracer e da morte é, en esencia, retablo cun algo de bosquiano, unha viaxe con ecos da praga, unha parábola con tinturas bíblicas e unha fenda rabiosa na nosa existencia chea de angueiras. O espectáculo conforma unha radiografía con vocación universalizadora, da humanidade ante as dúas grandes ansias da súa existencia: a satisfacción das paixóns e a fraxilidade da vida.

Tomando como guía a estrutura do Xardín das Delicias de EL Bosco, inxertamos nel ao Boccaccio do Decamerón cos seus claroscuros da peste e o amor. Atravesamos afoutas entre o pracer, a desolación, o medo, a morte, a ausencia de certezas sólidas nun planeta que se acaba con outros seres igual de fráxiles e incompletos... 

Mentres os nosos corpos indagan nas dualidades gozo/dor, fe/desesperanza, virtude/vicio a palabra transita por unha ponte que une referencias e elementos dos derradeiros sete séculos coa nosa percepción actual do pracer e da morte. 

Do pracer e da morte é unha danza da morte medieval no aparcadoiro do Carrefour un sábado pola tarde.

Entradas para “DO PRACER E DA MORTE - A FEROZ” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo