Categorías

Danza jazz

12/11/2018· Cursos regulares

A danza jazz nace da cultura africana e posteriormente recibe a influencia da danza clásica, contemporánea e o claqué. A través da fusión coa danza clásica e contemporánea, traballaremos principalmente a corrección postural, a axilidade física e mental, a escoita e o ritmo.

O contido destas clases distribúese da seguinte forma:

  1. Quentamento: estiramientos e tonificación que preparan a musculatura para o traballo posterior.
  2. Traballo de centro: exercicios sinxelos enfocados á correcta colocación que nos permite desenvolver o equilibrio, atopando o noso centro e as súas direccións kinesféricas, guiándonos polo ritmo e a escoita grupal.
  3. Desplazamentos: secuencias e repetición de movimentos que enfocaremos ás direccións espaciales e poñeremos en práctica o traballo previamente.
  4. Coreografía: secuencias coreográficas de movemento que nos axuden a potenciar a memoria e a expresión corporal.

Redescubre o teatro na Sala Ártika

Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!