Categorías

Danza contemporánea

12/11/2018· Cursos regulares

A danza contemporánea engloba moitos estilos. A través de un propio creado a partir da práctica e investigación tomando recursos de moitos deles, traballaremos principalmente a conciencia corporal, distribución do peso e libertade de movementos.

O contido destas clases distribúese da siguiente maneira:

  1. Quentamento. Estiramentos e traballo de chan que nos permitan preparar o corpo ampliando a libertade do seu movemento.
  2. Exercicios de centro. Empregaremos o peso como motor do movemento, a estructura ósea como soporte á vez que traballamos a coordinación, o equilibrio, a conciencia espacial, forza, inercias, ritmo...
  3. Creación. A partir da improvisación, crearemos secuencias de movemento ou historias que involucran ao corpo, potenciando así a memoria e a creatividade.
  4. Relaxación. Centraremos os últimos minutos da clase en volver ao estado de calma como medio de asimilación dos conceptos traballados.

Redescubre o teatro na Sala Ártika

Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!