Temas

Cranios Privilexiados

13/11/2018 · Campaña escolar ESO e Bacharelato

Nome da compañía: Mofa e Befa

 

SINOPSE:

O dúo cómico Mofa e Befa enfrontan por primeira vez na súa dilatada traxectoria o metálico ardor da dúbida. "E agora que?". sería o seu particular remedo da dúbida metódica cartesiana, aquela que obriga aos dubidantes a desconfiar de todo o que os arrodea, a comezar por si mesmos, postulando ademais a existencia dun xenio maligno, tal vez un escuro funcionario da Xunta de Galicia, responsábel de os conducir por errados camiños e empurralos por derivas pouco sustentábeis desde un punto de vista racional. É hora de pensar, non queda outra.

  • Idades recomendadas: 4º da E.S.O. e Bacharelato
  • Idioma: Galego
  • Dispoñible: Marzo

 

¡Compártelo!

Redescubre o teatro na Sala Ártika

Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!