Categorías

Coroshow

13/11/2018· Cursos regulares

Cando a maxia interponse entre a inquietude, a escena, a arte e a música, créanse elementos e sensacións incriblemente insólitas. Pois só os seres humanos son capaces de relacionarse integralmente coa súa contorna natural e social, e expresarse de distintos modos; o desenvolvemento das súas propias habilidades, sobre todo as artísticas, poden ser un modo de enfrontarse a desafíos, unha forma de dignificar a vida...

Danza, teatro, canto, técnica vocal, percusión corporal, improvisación vocal, música experimental... serán as materias protagonistas. O impulso de expresión, auténtico e peculiar, de cada individuo pode destaparse, descubrirse e desenvolverse se se crean niveis de conciencia e actividades que non reneguen diso.

É esa íntima comunicación cun mesmo, co outro, con todas as facetas posibles de explorar e explotar, para que aflore "a musa da inspiración"...

Redescubre o teatro na Sala Ártika

Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!