Nome da compañía: CTC Producciones (Madrid)
SINOPSE:
A obra comeza cando Calisto se namora de Melibea, quen o rexeita inicialmente. Por consello do seu criado Sempronio, Calisto recorre a unha vella prostituta e agora alcaiota profesional chamada Celestina quen, facéndose pasar por vendedora de xéneros diversos, fai de casamenteira para concertar citas de amantes.
A actriz apela aos tópicos da Commedia dell'Arte, ás técnicas do clown e o bufón acompañando tamén a unha narración na que Alema se sostén e dialoga desde a súa corporalidade con monicreques de fío e de pau, e fai uso sutil do xogo das máscaras.
- Idioma: Castelán
- Dispoñible: Xaneiro
- Idades recomendadas: 3º e 4º da E.S.O. e Bacharelato
*Ao remate haberá un coloquio no que os asistentes poderán resolver as dúbidas sobre o contido da obra.