Categorías

CANDYLAND, TIERRA DE LOBOS

CANDYLAND, TIERRA DE LOBOS

Espectáculos de Xuño 2019

Inicio del evento
  • Inicio: 14/06/2019
  • 22:00
Fin del evento
  • Fin: 16/06/2019
  • 22:30
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para “CANDYLAND, TIERRA DE LOBOS – TEATRO DE LA MEMORIA” (Colombia) na Sala Ártika en Vigo.

Data: Venres 14, Sábado 15 e Domingo 16 de Xuño de 2019

Xénero: Teatro de investigación

Hora:

  • Venres, 14 de Xuño ás 22:00h
  • Sábado 15 de Xuño ás 22:00h
  • Domingo 16 de Xuño ás 21:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

  • Entrada Xeral: 10€ + gastos de xestión
  • Anticipada: 8€ + gastos de xestión. (dispoñible ata 24 h antes do evento)

Idades recomendada: + 13 anos
Duración: 70 minutos

Entradas para “CANDYLAND, TIERRA DE LOBOS - TEATRO DE LA MEMORIA” o Venres 14, Sábado 15 e Domingo 16 de Xuño na sala Ártika.

SINOPSE:

Unha espera. A soidade é enchida por un xogo que se repite unha e outra vez, xestos que manteñen o mundo interno do personaxe protexido e en perfecta orde. Non sabemos cando comezou esta historia, pero si sabemos cando termina. Un lobo oubea, e o mundo desmorónase. Chega un tempo sen tempo e un espazo árido onde unha vella transitará evocando os seus recordos, de nena, de muller, de vella-nena-muller.

Un espectáculo de teatro baseado nunha composición de dramaturxia escénica onde a liña dramática combina textos, accións e imaxes, que van contando retrincos da historia dunha muller (ou moitas?) que lembra, unha e outra vez, ese momento en que “perdeu a inocencia”. A dramaturxia non se pecha nunha soa historia, senón que atravesa nós dramáticos do personaxe na súa relación coa ausencia, a guerra e o desmaio dun mundo de seguridade, a perda dun ser amado e a  súplica por un Pai que non chega. Acompañado de “vídeo  mapping” en constante interacción coa actriz, o espectáculo colócanos nun espazo ás veces íntimo, ás veces desolador, onde ela, cun uso delicado da música e as palabras, vai atravesando o rito cotián dun personaxe que tenta poñer orde nun mundo de ausencias. Un traballo interdisciplinario onde cada arte (texto, música, luz e audiovisual) entretexen un todo que narra esta historia.

As entradas para “CANDYLAND, TIERRA DE LOBOS – TEATRO DE LA MEMORIA” en Vigo teñen un prezo de 10€ ou 8€ + gastos de xestión.

MERCA A TUA ENTRADA

Redescubre o teatro na Sala Ártika

Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!