Categorías

AS QUE LIMPAN

AS QUE LIMPAN

V Ciclo de Comediártiko

Inicio del evento
  • Inicio: 09/11/2024
Fin del evento
  • Fin: 10/11/2024
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para o espectáculo “AS QUE LIMPAN - A PANADARIA” na Sala Ártika de Vigo dentro do V Ciclo de comedia COMEDIÁRTIKO

Data: sábado 09 e domingo 10, de novembro de 2024

Hora

  • Sábado 09 de novembro ás 20:00h
  • Domingo 10 de novembro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo

  • Venta online: Entrada Anticipada: 12€ + gastos de xestión (dispoñible ata 24h antes da primeira función)
  • En taquilla: Entrada Xeral: 16€

Idades recomendada: + 10 anos

Duración: 80 min

Formato: grande

Entradas para o espectáculo “AS QUE LIMPAN - A PANADARIA” o sábado 09 e domingo 10 de novembro na Sala Ártika.

SINOPSE:

Un cartel pendurado no manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

- Premio do Público na Mostra de Teatro Galego de Cariño 2022

- Premio a Mellor Espectáculo de Sala na Feria de Teatro de Castilla y León 2022

- Premio María Casares a Mellor Espectáculo 2023

- Premio María Casares a Mellor Dirección 2023

- Premio María Casares a Mellor Texto Orixinal 2023

- Premio María Casares a Mellor Actriz Protagonista (Noelia Castro) 2023

- Premio do público da Mostra Internacional de Ribadavia 2023

 

FICHA ARTÍSTICA:

Creación e interpretación Areta Bolado, Noelia Castro

e Ailén Kendelman

Apoio dramatúrxico Paula Carballeira

Música Orixinal Ailén Kendelman

Caracterización e vestiario Esther Quintas

Xastras Beatriz Novas e Marta Ferrer

Escenografía Beatriz de Vega

Axudantía de escenografía Daniela Rodas

Iluminación Del Ruiz

Asesoría lingüística e tradución Rosa Moledo

Asesoría de movemento Clara Ferrão

Ollo máxico Sara Rodríguez

Produción Ailén Kendelman

Axudantía de produción e documentación Celina F. Ponte

Imaxe Gráfica Carla Berrocal

Vídeo Álex Penabade

Tráiler Lucía Estévez

Fotografía Pilar Abades e Leticia T. Blanco

As entradas para o espectáculo “AS QUE LIMPAN - A PANADARIA” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 16€ ou 12€ + gastos de xestión.

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo