Categorías

ANATOMÍA DUNHA SEREA

ANATOMÍA DUNHA SEREA

Espectáculos de Setembro 2019

Inicio del evento
  • Inicio: 27/09/2019
Fin del evento
  • Fin: 29/09/2019
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para “ANATOMIA DUNHA SEREA – CHÉVERE/ BERBERECHEIRA” na Sala Ártika de Vigo.

Data: Venres 27, Sábado 28 e Domingo 29 de Setembro de 2019
Hora:

  • Venres 27 de Setembro ás 21:30h
  • Sábado 28 de Setembro ás 21:30h
  • Domingo 29 de Setembro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

  • Venta online: Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión
  • En taquilla: Entrada Xeral: 12€ + gastos de xestión

Idades recomendada: + 12 anos
Duración: 80 min
Entradas para “ANATOMIA DUNHA SEREA – CHÉVERE/ BERBERECHEIRA” o Venres 27, Sábado 28 ou Domingo 29 de Setembro na Sala Ártika.

SINOPSE:

Anatomía dunha serea é un peza de teatro documental e autobiográfico construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí.

Cando en maio de 2016 Iria Pinheiro entrou no hospital para dar a luz con rotura de bolsa amniótica non sabía que nas seguintes horas mudaría a súa vida para sempre. Varios días despois saiu mutilada daquel edificio, coa sensación de ter sido estafada e sen o seu fillo. Foi abandonada polo sistema e tivo que xestionar a súa dor e recuperación en soidade. Pero axiña descubriu que non era a única muller mutilada no momento de parir. Investiga nas redes e atopa testemuños por todo o mundo. Entón é cando se convence da necesidade de abrir un camiño para outras mulleres, contando a súa historia no espazo público cos medios que ten ao seu alcance: os que lle proporciona o seu traballo en escena.

As entradas para “ANATOMIA DUNHA SEREA – CHÉVERE/ BERBERECHEIRA” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 12€ ou 8€ + gastos de xestión.

>> Merca a tua entrada premendo aquí.

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo