Categorías

Aladino e a lámpada marabillosa

14/11/2018· Campaña escolar Infantil e Primaria

Nome da compañía: Avento Producións

 

SINOPSE:

Versión musical dun dos máis fermosos contos de "As mil e unha Noites" ambientada nun Oriente máxico e suxerinte, onde os valores das personas importan máis que as súas apariencias. Aladino é enganado por Jafar, o malvado visir real, para obrigar a roubar a lámpada máxica da cova das marabillas.

Por outra banda, no palacio o sultán trata de atopar un bo príncipe co que casar á súa filla, sen o consentimento desta.

Dous rapaces que viven realidades moi diferentes, pero semellantes á vez e que, sen sabelo, se necesitarán mutuamente.

 

  • Idades: Infantil e Primaria
  • Idioma: Galego
  • Dispoñible: Decembro, Marzo e Maio

Redescubre o teatro na Sala Ártika

Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!