Categorías

A TROPA DO DR. MILAGRE

A TROPA DO DR. MILAGRE

Espectáculos de Xullo 2021

Inicio del evento
  • Inicio: 24/07/2021
Fin del evento
  • Fin: 25/07/2021
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para "A TROPA DO DOUTOR MILAGRE – INVENTI TEATRO" na Sala Ártika en Vigo.

Data: Sábado 24 e domingo 25 de xullo 2021

Hora
Sábado 24 de xullo de 2021 ás 18:00h.
Domingo 25 de xullo de 2021 ás 12:00h e 18:00h.

Recinto: Sala Ártika

Prezo
En taquilla: Entrada Xeral: 10€ 
Venta online: Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión

Idades recomendada: Para tódolos públicos.

Duración: 50 minutos.

Entradas para “A TROPA DO DOUTOR MILAGRE – INVENTI TEATRO” o  Sábado 24 e domingo 25 de xullo 2021 na sala Ártika.

SINOPSE:
Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do DoutorMilagre.
Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaído? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do doutor Milagre. Espumosos champús, elixires revitalizantes, esfoliantes cremas ou inxeccións máxicas…
Proximamente a súa vila encherase de diversión e alegría coa chegada do Expresso do Doutor Milagre.
Agobiado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna, este atolado medico/inventor toma unha arriscada decisión: facerse con un autobús abandonado para convertelo nun autentico show de venta ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exuberante Madame Bobarí.
Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.

As entradas para “A TROPA DO DOUTOR MILAGRE – INVENTI TEATRO” en Vigo teñen un prezo de 10€ ou 8€ + gastos de xestión.

Redescubre o teatro na Sala Ártika

Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!