Categorías

A POUSADA DO TRU-TRÚ

A POUSADA DO TRU-TRÚ

Espectáculos de xuño 2022

Inicio del evento
  • Inicio: 19/06/2022
Fin del evento
  • Fin: 19/06/2022
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para CIRCUITO GALEGO DE TEATRO AMADOR 2022 do espectáculo “A POUSADA DO TRU-TRU - DESFEITA TEATRO” na Sala Ártika de Vigo

Data: Domingo 19 de xuño de 2022

Hora

Domingo 19 de xuño de 2022 ás 20:00h.

Recinto: Sala Ártika

Prezo

En taquilla: 3 € + Gastos de xestión 

Idades recomendada: +12 anos.

Duración: 60 minutos.

Entradas para CIRCUITO GALEGO DE TEATRO AMADOR 2022 do espectáculo “A POUSADA DO TRU-TRU - DESFEITA TEATRO” o Domingo 19 de xuño na Sala Ártika.

SINOPSE:

Unha compañía de teatro en decadencia ten que representar unha farsa malia que algúns dos seus compoñentes non concorden co disposto por Don Pirulí Polichinelo, xefe e director da pequena compañía. Finalmente imponse o criterio de Don Pirulí e represéntase a obra, que se desenvolve na Pousada do Axí e da Pementa, lugar onde se exerce a profesión máis antiga do mundo. Nela, o Xeneral Cataplum namórase de Colombina, pero estrala a guerra en París e o Xeneral parte para alá con promesas de voda á súa volta. Mentres, a xove Colombina esperta o amor de Arlequín, de Pierrot, do vello Goyito Verde e ¡desátase a tolemia! Todos eles farán o imposible para roubar o corazón de Colombina, namentres, Quintina e Madame, velarán para que o negocio non decaia

As entradas do espectáculo “A POUSADA DO TRU-TRU - DESFEITA TEATRO” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 3€ + gastos de xestión.