Categorías

¿Quieres bailar butoh? - Intensive Butoh

22/02/2019· Cursos monográficos

Novo curso monográfico impartido por Rosana Barra sobre danza butoh.

Despois de máis de 20 anos dedicados ao Butoh, impartindo clases, creando festivais e espectáculos, traballando diariamente con centenares de corpos, mentes e emocións, sentín a necesidade de ofrecer unha formación oficial de danza Butoh.

Está indicada para tod@s @s que queiran danzar desde a súa alma, desde o seu espírito. Bailaríns ou NON, novos, persoas maduras ou anciás, aquí teñen a plataforma de despegamento para bailar.

É un formación multicapas, onde traballarás a expresión artística e o desenvolvemento persoal as clases están pensadas para identificar en que capa está o teu bloqueo e liberar a túa danza. A formación acompáñache, para superar as túas dúbidas e deixar brillar o teu CORPO CREADOR.

BENEFICIOS

  • Preparación física para soster os estados da túa danza
  • Identificación das crenzas limitantes, cambio por crenzas potenciadoras
  • Harmonía entre a túa sombra e a túa luz
  • Dominio da técnica en estado alfa
  • Composición coreográfica e posta en escena
  • Espertar o teu mestre das enerxías

 

  • Público destinatario: tódolos públicos
  • Datas:
    • 16 de Marzo de 2019 de 10:00h a 14:00 h e de 15:00h a 19:00h (8 horas)
    • 17 de Marzo de 2019 de 10:00h a14:00h (4 horas)
    • 27 de Abril de 2019 de 10:00h a 14:00 h e de 15:00h a 19:00h (8 horas)
    • 28 de Abril de 2019 de 10:00h a14:00h (4 horas)
    • As datas de Maio  están por confirmar.

 

Redescubre o teatro na Sala Ártika

Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!